Saltar ao contido

JPEG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha fotografía dunha flor cunha gradación da proporción de compresión crecente de esquerda á dereita.

O JPEG (Joint Photographic Experts Group) é un método de compresión e un formato de arquivo de imaxes de 24 bits ou de escala de grises: é un método con perdas, o que quere dicir que cada vez que se comprime unha imaxe perde algo de detalle e calidade.

O formato de arquivo utiliza as extensións .jpeg, .jfif, .jpg, .JPG ou .JPE . e é o formato máis utilizado na World Wide Web.