Saltar ao contido

Imperio Portugués

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaImperio Portugués
Império Colonial Português (pt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno da Carta (maio de 1834-outubro de 1910) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°N 10°O / 40, -10
CapitalLisboa (1415–1815)
Río de Xaneiro (1815–1821)
Lisboa (1821–2002) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Dinastía filipina (1580–1640) Editar o valor en Wikidata
Superficie10.400.000 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorXoán I de Portugal Editar o valor en Wikidata
Creación1415 Editar o valor en Wikidata
Disolución20 de decembro de 1999 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porPortugal Editar o valor en Wikidata
Evento clave
21 de agosto de 1415Conquista de Ceuta (pt) Traducir
7 de xuño de 1494Tratado de Tordesillas
1498Descoberta do caminho marítimo para a Índia (pt) Traducir
22 de abril de 1500descoberta do Brasil (pt) Traducir
7 de setembro de 1822Independência do Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía
república
monarquía absoluta
monarquía constitucional
República parlamentaria Editar o valor en Wikidata
MoedaEscudo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

O Imperio Portugués foi o primeiro imperio global e o máis duradeiro imperio colonial europeo, abranguendo case seis séculos, desde a toma de Ceuta no 1415 á cesión de Macau en 1999. O imperio espallouse ao longo dun amplo número de territorios que hoxe forman parte de 53 países diferentes.

Os exploradores portugueses comezaron a explorar a costa de África no 1419, coa axuda das máis modernas técnicas de navegación, cartografía e tecnoloxía marítima como a carabela, coa intención de encontraren unha ruta marítima á fonte do lucrativo comercio de especias. En 1488, Bartolomeu Dias deu a volta ao Cabo de Boa Esperanza, e en 1498, Vasco da Gama chegou á India. En 1500, de forma accidental segundo uns, ou polos plans segredos da coroa segundo outros, Pedro Álvares Cabral atoparía a costa suramericana e dirixiría o establecemento dunha colonia no Brasil. Durante as seguintes décadas, os mariñeiros portugueses continuaron a explorar as costas e illas de Asia Oriental, establecendo fortes e postos de comercio. Para o 1571, unha cadea de bases militares conectaba Lisboa con Nagasaki: o imperio viña de converterse verdadeiramente global, e no proceso trouxo grandes riquezas a Portugal.

Entre 1580 e 1640 Portugal se converteu no compañeiro menor de España na Unión Ibérica das coroas de ambos países. Aínda que os imperios continuaron sendo administrados por separado, as colonias portuguesas se converteron no branco de ataques de tres potencias europeas rivais hostís a España e envexosas dos éxitos ibéricos de ultramar: Países Baixos (que estaba loitando a guerra de independencia contra España), Inglaterra e Francia. Cunha poboación menor, Portugal foi incapaz de defender de forma efectiva a súa demasiado extensa rede de bases comerciais e fábricas, e como resultado o imperio comezou a súa longa e gradual decadencia. A perda do Brasil en 1822, por aquel entón a súa, con diferenza, maior e máis rendíbel colonia, nun tempo no que os movementos independentistas estaban varrendo as Américas, foi un duro golpe do que Portugal e o seu imperio nunca se recobrarían.

A repartición de África que comezou a finais do século XIX deixou a Portugal cun puñado de colonias no continente. Despois da segunda guerra mundial, o ditador António de Oliveira Salazar intentou desesperadamente manter o Imperio Portugués intacto nun tempo no que outros países europeos estaban comezando a desligarse das súas colonias. En 1961 as poucas tropas portuguesas estacionadas na Goa foron incapaces de evitar que as tropas indias entrasen na colonia, pero Salazar comezou unha longa e sanguenta guerra para esmagar as forzas anticoloniais nas colonias africanas. A impopular guerra durou até o derrocamento do réxime ditatorial portugués en 1974, coñecido como a Revolución dos Cravos. O novo goberno cambiou inmediatamente a política e recoñeceu a independencia de todas as súas colonias, incluíndo Timor Oriental, e exceptuando Macau, que foi finalmente devolta á China en 1999, marcando o final do Imperio Portugués de ultramar.

O comezo do imperio (1415-1494)

[editar | editar a fonte]

A reconquista portuguesa rematou no 1249 coa conquista do Algarve por Afonso III, establecendo as fronteiras de Portugal, que perduraron case sen cambios até os nosos días. Ao longo do século XV, as Coroas de Aragón e Portugal se expandiron territorialmente alén dos mares. O Imperio Aragonés, que culminara a súa reconquista en 1266, centrouse no mar Mediterráneo mentres que o Imperio Portugués se tornou cara ao océano Atlántico e África do Norte. O Reino de Castela non completou a conquista do último bastión musulmán de Granada até 1492.

Houbo varias razóns para que Portugal se decidira a explorar as descoñecidas augas do sur e oeste. Como reino católico, os monarcas portugueses viron como a súa obriga a expansión do cristianismo e a destrución do islam no proceso. A lenda do reino cristián de Preste Xoán situado nalgún lugar do Oriente daba esperanza de que, se podía ser alcanzado, o islam podería ser rodeado por forzas cristiás. Ao mesmo tempo, alcanzar o Oriente permitiría a Portugal botar man no comercio de especias, evitando a longa ruta terrestre que os venecianos mantiñan para seren o seu punto de entrada en Europa. A longa costa portuguesa e a súa posición xeográfica no extremo de Europa Occidental, rodeado polos reinos españois ao leste, e a súa experiencia marítima, significaban que o camiño máis prometedor para conseguiren este obxectivo era encontrar unha ruta oceánica cara ao Oriente.

Portugal comezou en 1415 cruzando o Estreito de Xibraltar e capturando Ceuta aos Mouros, que intentaron sen éxito retomala en 1418. En 1419 dous capitáns do Príncipe Henrique o Navegador, João Gonçalves Zarco, Tristão Vaz Teixeira e Bartolomeu Perestrelo foron levados a Madeira por unha tormenta. En 1427, outro capitán portugués descubriu os Azores.

O Tratado de Tordesillas (1494)

[editar | editar a fonte]
Serie
Historia de Portugal
Portugal na prehistoria
Portugal prerromano
Romanización: Lusitania e Gallaecia
Visigodos e Suevos
Dominio árabe e a Reconquista
Condado Portucalense
Independencia de Portugal
Dinastía de Borgoña
Crise de 1383-1385
Dinastía de Avis
Descubrimentos e Expansión Portuguesa
Imperio portugués
Crise sucesoria de 1580
Dinastía Filipina
Restauración da Independencia
Dinastía de Braganza
Terremoto de Lisboa de 1755
Guerra Peninsular
Revolución Liberal (24/08/1820)
Vilafrancada e Abrilada
Guerras liberais
Convención de Évora-Monte
Revolución de Setembro,
Revolta dos Marechais e Patulea
Rexeneración e Fontismo
O mapa cor-de-rosa e o ultimato británico
Revolución do 5 de outubro de 1910 e Proclamación da República
Goberno Provisorio
I República
Ditadura militar e o Estado Novo
Guerra de Ultramar
Revolución dos Caraveis
III República
Por tópico
Historia militar
Historia diplomática
Historia cultural
Categoría: Historia de Portugal
Un mapa anacrónico do Imperio Portugués (1415-1999). Vermello - posesións reais; Rosa - exploracións, áreas de influencia e reclamacións de soberanía; Azul - principais exploracións e rutas marítimas, e áreas de influencia.

A posibilidade dunha ruta marítima ao redor de África até a India e o resto de Asia daríalle a Portugal enormes oportunidades para comerciar, así que buscou de forma agresiva o esteblecemento tanto de postos comerciais como de bases fortificadas.

Sabendo que o océano Índico conectaba co océano Atlántico (grazas ao viaxe de Bartolomeu Dias en 1488), o rei Xoán II de Portugal negouse a apoiar a oferta de Cristovo Colón para alcanzar a India navegando cara ao oeste cruzando o océano Atlántico. Colón a continuación optou con éxito pola raíña Isabel de Castela, e o seu descubrimento non intencionado das Indias Occidentais levou ao establecemento do imperio español nas Américas.

O imperio portugués foi recoñecido pola bula papal de 1493 e o Tratado de Tordesillas do 6 de xuño de 1494. Estas dúas accións (e bulas e tratados relacionados) dividiron o mundo fóra de Europa nun duopolio exclusivo entre os portugueses e os españois. A liña divisoria no hemisferio occidental foi establecida ao longo dun meridiano norte-sur a 370 leguas (1550 km) ao oeste das illas de Cabo Verde (na costa oeste africana) (e o meridiano oposto se estendía ao redor do globo dividindo o hemisferio oriental). Como resultado, toda África e case toda Asia pertencerían a Portugal, mentres que case todo o novo mundo pertencería a España.

A liña da proposta inicial do Papa Alexandro VI foi movida un pouco ao oeste por Xoán II, e foi aceptada. Porén, a nova liña concedía Brasil e (se pensaba na época) Terra Nova a Portugal no ano 1500. Como a distancia proposta por Xoán II non era "redonda" (370 ligas), algúns ven evidencia nisto de que Portugal sabía da existencia desas terras antes do Tratado de Tordesillas (1494). Xoán II morreu un ano máis tarde, en 1495.

Imperio portugués en 1573

[editar | editar a fonte]
Canadá durante máis de 100 anos baixo o dominio portugués ata a chegada doutros pobos, este mapa tamén ten outras reivindicacións como as 3 bandeiras portuguesas en Australia e noutros lugares do mundo.

Este mapa representa o Imperio portugués en 1573, descubrimentos e primeiras colonizacións, especialmente varios descubrimentos que se fixeron en 1500, descubrimentos que deron lugar a provincias, que pertenceron ao Reino de Portugal ata finais do século XVI e algúns duraron ata mediados do século século XVII, e outros que hoxe coñecemos que duraron ata o século XIX e ata finais do século XX . Tamén podemos ver outras reclamacións como as 3 bandeiras portuguesas en Australia e noutros lugares do mundo.

Este mapa de (1821) representa a dimensión do Brasil na época baixo o reinado do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves, Orixe: Biblioteca Nacional de Portugal, República Portuguesa " Exposición ": http://purl.pt/880/3/ Sitio xeral: http://www.bnportugal.gov.pt
Mapa Cor-de-Rosa reivindicando a soberanía de Portugal nos territorios entre Angola e Mozambique, c. 1886
Versão original do Mapa Cor-de-Rosa


Imperio portugués

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]