Illas Kerguelen
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Epónimo | Yves Joseph de Kerguelen de Trémarec (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Territorio dependente | Terras Austrais e Antárticas Francesas | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 7.215 km² | ||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Altitude | 409 m | ||||
Punto máis alto | Monte Ross (pt) (1.850 m) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 2019 (43ª Sesión) | ||||
Data de remate | 2019 | ||||
Identificador | 1603-002 | ||||
As Illas Kerguelen (antes denominadas como Illas da Desolación) constitúen un arquipélago situado no Océano Índico meridional, a uns 5000 km ao sur-sueste de Cidade do Cabo, e a uns 2000 km ao norte das costas da Antártida. Son posesión de Francia, e como tal están incluídas nos Territorios Austrais Franceses (Terres Austrais et Antarctiques Françaises, TAAF). As súas coordenadas están comprendidas entre os 48º35' e 49º54' S / 68º43' e 70º35 E de Greenwich.
O arquipélago está constituído por unha illa principal chamada Grande Terre de 6675 km², e máis de 300 pequenas illas, illotes e arrecifes que se dispón ao redor de Grande Terre, o cal outorga ao arquipélago unha superficie total de 7215 km².
A illa principal é radial, con costas moi accidentadas e escarpadas onde abundan os fiordes e as penínsulas que tales accidentes producen. As dimensións da illa son de 150 km lineais de Oeste a Este, e 120 km lineais de Sur a Norte. A altura máxima da illa, e polo tanto de todo o arquipélago, é o pico chamado Mont Ross (1850 m), do cal descenden ventisqueiros que, na parte occidental, constitúen un extenso glaciar.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é perhúmedo subantártico, con máis de 1000 mm de precipitacións ao ano, é dicir, chove ou neva (segundo sexa verán ou inverno) durante máis de 300 días ao ano. A alta humidade ambiental provoca a aparición de frecuentes borraxeiras. As temperaturas máis elevadas danse entre xaneiro e marzo, e superan moi raramente os 10 °C; as máis baixas danse en xullo, cando se chega aos 20 °C baixo cero. Dada a alta humidade e a persistente presenza de ventos, a sensación térmica é case sempre bastante máis baixa que a temperatura medida termometricamente.
Como se sinalou, ademais de nubrado e pluvioso o clima das Kerguelen é moi ventoso, xa que se atopan na banda eólica dos cincuenta brumadores que sopran case continuamente desde o cuadrante Oeste. Os refachos de vento alcanzan frecuentemente os 150 km/h, e ata os 200 km/h, aínda que estas cifras varían, como as de temperatura e humidade, segundo as fachadas e altitudes do arquipélago.
Flora
[editar | editar a fonte]Existe vexetación na illa, aínda que polas condicións de humidade e de temperatura, é case sempre achaparrada e pigmea: herbáceas, brións, queiroas, líquens, manchas de tusacs e fungos. Non hai arbores nin arbustos, atópanse troncos fosilizados de arbores pertencentes á familia das araucarias, proba de que as illas tiveron un clima máis cálido. Nas augas abundan os bosques de algas xigantes (Macrocystis e Durvillaea), que poden alcanzar os 25 m de lonxitude.
Unha herbácea fanerógama típica das Kerguelen é a denominada repolo de Kerguelen (Pringlea antiescorbútica), moi rica en vitamina C.
Fauna
[editar | editar a fonte]O arquipélago sitúase na zona de converxencia antártica, onde as augas frías procedentes da Antártida mestúranse coas augas cálidas derivadas das correntes setentrionais. Por este motivo abundan tanto a fauna mariña como a fauna inmediatamente asociada a ela por razóns ecolóxicas: focas, lobo mariño, leóns mariños, elefantes mariños, xunto con pingüíns (papúas, reais, de penacho, adelia) albatros, corvos mariños, pardelas, pombas antárticas, gaivotas, Daption capense e palleiras grandes.
A fauna alóctona aclimatada é bastante variada: ovellas, renos, muflons, coellos (introducidos desde Suráfrica en 1874), gatos, ratas e ata porcos europeos asilvestrados (aínda que estes foron extinguidos pola caza).
Historia
[editar | editar a fonte]O arquipélago foi descuberto por unha expedición ao mando de Yves Joseph de Kerguelen de Trémarec en 1772. Durante a segunda metade do século XIX creouse unha efémera república de baleeiros. En 1893 o estado francés tomou oficialmente posesión das Kerguelen. En 1924 as illas Kerguelen, xunto ás illas Crozet, Saint-Paul, e Amsterdam, foron anexadas ao Goberno Xeral de Madagascar (entón dependencia francesa). Tras 1955 e en vistas da inevitable independencia de Madagascar, o estado francés incluíu aos arquipélagos apuntados nas Terras Austrais e Antárticas Francesas (TAAF).
Na actualidade a poboación está composta por un centenar de científicos e as súas familias, cuxa presenza é de carácter temporal, durante o verán austral, instalados na base chamada Port-aux-Français, ao Leste da illa principal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Kerguelen |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- [1] (en francés)
- Páxina oficial (en francés)
- |title=Cartography of the Kerguelen |accessdate=2007-04-02 |deadurl=bot: unknown |archiveurl=https://web.archive.org/web/20030413030523/https://web.archive.org/web/20030413030523/http://membres.lycos.fr/ker18/Carto/frameIgn.html |archivedate=13 de abril de 2003 |df=dmy Including a toponymy index.
- Personal site with many pictures
- Rocket launches on the Kerguelen Islands
- "South Atlantic & Subantarctic Islands site, Kerguelen Archipelago page". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2012. Consultado o 23 de xullo de 2017.