Saltar ao contido

Elefante mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elefante mariño

Macho e femia de Mirounga angustirostris.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Superfamilia: Pinnipedia
Familia: Phocidae
Xénero: Mirounga
Gray, 1827
Especie tipo
Phoca proboscidea
Péron, 1816
Especies

Mirounga angustirostris
Mirounga leonina

Os elefantes mariños[1] son grandes fócidos oceánicos do xénero Mirounga. Existen dúas especies, a setentrional Mirounga angustirostris e a meridional Mirounga leonina, que durante o século XIX foron cazadas masivamente ata o límite da extinción, mais os seus números están a recuperarse dende entón.

A especie do norte, algo máis pequena que o seu parente do sur, distribúese pola costa do Pacífico nos Estados Unidos de América e en México. A zona de cría máis setentrional da costa do Pacífico é Race Rocks, e a máis meridional é a illa de Vancouver no estreito de Juan de Fuca. A especie meridional habita no hemisferio sur en illas como Xeorxia do Sur e Macquaire, e nas costas de Nova Zelandia, Suráfrica e a Arxentina, na península Valdés. No sur de Chile, existe unha pequena colonia de 120 animais en Jackson Bay, Admiralty Sound (Seno Almirantazgo), Terra do Fogo.[2]

Especies existentes

[editar | editar a fonte]
Imaxe Nome científico Distribución
Mirounga angustirostris Costa norteamericana do océano Pacífico
Mirounga leonina Sur do océano Atlántico
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para elefante mariño.
  2. "WCS Chile > Especies > Elefantes marinos". programs.wcs.org. Consultado o 27 de maio de 2016.