Illa Tromelin
Epónimo | Bernard Boudin de Tromelin (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Territorio reivindicado por | Mauricio (1976–) | ||||
Estado | Francia | ||||
Territorio dependente | Terras Austrais e Antárticas Francesas | ||||
Grupo | Illas dispersas do Océano Índico | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3 (3,75 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 0,8 km² | ||||
Medición | 0,7 () × 1,7 () km | ||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Altitude | 7 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
A Illa Tromelin (en francés île Tromelin), é un illote de 0´8 km² situado no océano Índico, ao leste de Madagascar e ao norte da Reunión. Tromelin é unha posesión da República Francesa (un dominio privado do Estado) e forma parte do grupo de illas francesas chamado Illas Dispersas do Océano Índico no océano Índico.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa foi descuberta en 1722, polo buque francés «Diane», sendo bautizada como «île des Sables». En 1761, o barco negreiro Utile naufragou e os sobreviventes tiveron que buscar refuxio na illa. Cos restos do naufraxio, os mariños construíron unha barca, coa que puideron chegar a Madagascar. Os sesenta escravos, con todo, foron abandonados en Tromelin e os poucos que sobreviviron, só oito non foron rescatados ata o 29 de novembro de 1776, cando o Cabaleiro de Tromelin (en honra do que a illa foi rebautizada) desembarcou coa súa corveta La Dauphine.
En 1954, construíuse unha estación meteorolóxica permanente. A illa foi habitada por meteorólogos ata que se automatizaron as estacións meterolóxicas. Actualmente só a habíta unha pequena guarnición de quince soldados Franceses, para reforzar a súa soberanía na rexión.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa de Tromelin forma parte do arquipélago das illas Mascareñas.
Tromelin é unha illa de difícil acceso e moi illada, xa que dista 450 km da terra máis próxima e está rodeada de fondos mariños de 4.000 metros de profundidade e de arrecifes coralinos.
O terreo da illa é plano e areoso, e está recuberto por arbustos dispersos. A altitude máxima non supera os sete metros. De forma ovoidal, a illa ten uns 1.700 metros de longo e uns 700 de ancho.
Administración
[editar | editar a fonte]A illa foi administrada polo prefecto da Reunión desde 1814 ata 2005, a pesar de non formar parte deste departamento.
En virtude do decreto de 3 de xaneiro de 2005, a administración das Illas Dispersas do océano Índico foi confiada ao administrador superior das Terras Austrais e Antárticas Francesas, con sede na cidade de Saint-Pierre, na illa da Reunión.
A República de Mauricio reclama a soberanía.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]A flora está moi pouco desenvolvida debido á falta de auga, os ventos que sopran a maior parte do ano e dos ciclóns e depresións que pasan encima ou preto da illa.
A fauna da illa fórmana tartarugas, paxaros mariños e garzas ermitás. Así mesmo, atópanse ratas e ratos provenientes dos barcos naufragados. Ata 1986, tamén había coellos -introducidos polo ser humano-, que morreron a consecuencia do ciclón Erinesta.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima de Tromelin é tropical marítimo con temperaturas medias mensuais de entre 20´7 e 25´4 graos. As Îles Éparses As precipitacións varían entre un metro e un metro cincuenta de auga de media por ano, dos cales case a metade recóllense de xaneiro a marzo. Xeralmente, as choivas son de curta duración e de intensidade moderada ou forte.
Durante a maior parte do ano, os ventos do sueste sopran a unha velocidade de 15 a 35 km / hora.