Saltar ao contido

Illa Necker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tamén hai unha illa Necker nas Illas Virxes Británicas.
Modelo:Xeografía físicaIlla Necker
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
EpónimoJacques Necker (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas de Sotavento, Hawai Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaHawai Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaMonumento Nacional Mariño de Papahānaumokuākea Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativacondado de Honolulu, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mapa
 23°34′30″N 164°42′01″O / 23.575, -164.7003
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude84 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións0,2 (ancho) × 1,2 (lonxitude) km
Superficie0,183 km² Editar o valor en Wikidata
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos
Tipodistrito
Data13 de xuño de 1988
Identificador88000641

A illa Necker (en hawaiano Mokumanamana) é unha das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 240 km ao oeste de Nihoa. Necker é unha illa de roca volcánica rodeada de arrecifes, con forma de anzol. A superficie total é de 0´18 km² e a altitude máxima é de 84 metros no Summit Hill.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Atopáronse numerosos restos arqueolóxicos, destacando 33 plataformas cerimoniais (heiau) e unhas figuras de pedra dun estilo relacionado coas illas Marquesas. Os antropólogos especulan que estas imaxes poden ser unha mostra da cultura hawaiana orixinal, logo da chegada migratoria polinesia desde Tahití nos séculos XII ou XIII. Cando arribou o francés Jean-François de La Pérouse en 1786, a illa había tempo que estaba deshabitada. Bautizouna en honra do ministro de Finanzas, Jacques Necker e describiuna como «unha rocha espida cuberta de excrementos de aves». A denominación hawaiana, Mokumanumanu, que significa 'illa de moitas aves', é do século XX.

Vista desde a illa Necker