IES Leliadoura
IES Leliadoura | |
---|---|
Enderezo | |
Datas | |
Educación | |
Xestión | |
Na rede |
O Instituto de Ensinanza Secundaria Leliadoura é un centro de ensinanza secundaria, bacharelato e ciclos formativos pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Ribeira. Está situado no lugar de Frións, na parroquia de Carreira, a 2 km do núcleo urbano.
Historia
[editar | editar a fonte]O instituto comezou a súa andaina en 1995 e nel escolarízase alumnado procedente dos colexios adscritos: CEIP Olveira, CEIP Aguiño, CEIP Frións, CEIP Carreira, CEIP O Grupo. Desde o curso 2010-11 cunha Sección Bilingüe de inglés pola que determinadas materias se imparten en inglés. En decembro de 2011 a Axencia Executiva para a Educación da Unión Europea concedeulle a Carta Universitaria Erasmus.
Oferta educativa
[editar | editar a fonte]Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato, PCPI, modalidade mixta (C) dos programas de cualificación profesional inicial, Ciclos Formativos: Ciclo Medio de Xestión Administrativa, Ciclos Superiores de Administración e Finanzas, de Administración de Sistemas Informáticos en Rede e de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.