Saltar ao contido

Hubara moura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hubara moura
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Otidiformes
Familia: Otididae
Xénero: 'Chlamydotis'
Especie: ''C. undulata''
Nome binomial
'Chlamydotis undulata'
(Jacquin, 1784)
Distribución de Chlamydotis undulata
Distribución de Chlamydotis undulata

Distribución de Chlamydotis undulata
Chlamydotis undulata - MHNT

A hubara moura[2] (Chlamydotis undulata) é unha especie de ave dos otídidos da familia Otididae plenamente adaptada a vivir en estepas e desertos de África. Atópanse desde as illas Canarias até a península do Sinaí.

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Coñécense dúas subespecies de Chlamydotis undulata:

As subespecies asiáticas son consideradas unha especie á parte, a hubara oriental (Chlamydotis macqueenii).

A hubara das Canarias

[editar | editar a fonte]

As hubaras das Canarias só se atopan nas illas de Lanzarote, La Graciosa e Fuerteventura (onde son coñecidas como avutardas). Forman unha subespecie á parte (Chlamydotis undulata fuertaventurae). É unha das aves da Unión Europea en maior perigo de extinción, xa que quedan menos de 800 exemplares.

No pasado, a hubara tamén habitou as illas de Tenerife e Gran Canaria, pero posteriormente extinguiuse. En España atópase catalogada como en perigo de extinción segundo o último Catálogo Nacional de Especies Ameazadas (CNEA).

A hubara considérase, segundo unha lei do Goberno das Canarias, o símbolo natural da illa de Fuerteventura, conxuntamente co Euphorbia handiensis.[3]

A poboación máis próxima á canaria atópase en Marrocos, algúns de cuxos exemplares poden observarse no Parque nacional de Souss-Massa.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]