Herófilo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2024.) |
Nome orixinal | (grc) Ἡρόφιλος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 335 a. C. Calcedônia, Turquía (pt) |
Morte | 280 a. C. (54/55 anos) Alexandría, Exipto |
Actividade | |
Ocupación | médico, xinecólogo, anatomista |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Profesores | Praxagoras (en) |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Herófilo de Calcedonia, nado en Bitinia no ano 335 a. C. e finado no 280 a. C., foi un médico grego da Escola de Alexandría.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que ás veces se trasladou o inicio das diseccións de cadáveres humanos ao Renacemento, esta práctica iniciouse na Escola de Alexandría no século III a. C. Herófilo foi o primeiro en facer diseccións anatómicas en público, iniciando esta práctica médica xunto a Erasístrato de Ceos. Tamén practicou viviseccións en criminais e escravos condenados a morte.
Realizou descubrimentos acerca da disposición dos vasos do cerebro, levando actualmente por nome prensa de Herófilo, o confluente venoso posterior do cerebro. Constatou a sincronía do pulso cos latidos do corazón e afirmou que a intelixencia non se encontraba neste, senón no cerebro.
Herófilo estudou o encéfalo mediante diseccións (en cadáveres) e viviseccións (en persoas vivas) e investigacións en animais, describindo as meninxes, os plexos coroides, o cuarto ventrículo e a confluencia dos seos cerebrais.
Obra
[editar | editar a fonte]A súa obra, así como a do seu contemporáneo Erasístrato de Ceos desapareceu completamente coa destrución de Alexandría por Xulio César. O seu coñecemento obtémolo a través de citas de autores posteriores, en especial, de Galeno.