Gris (cor)
Gris,[1] cinsento[2] ou cincento[3], son as denominacións comúns das cores acromáticas cuxa luminosidade está comprendida entre a máxima (correspondente ó branco) e a nula (correspondente ó negro), aínda que se aplica especialmente ós de luminosidade media. O gris percíbese como consecuencia da fotorrecepción dunha luz de intensidade moderada constituída por todas as lonxitudes de onda do espectro visible, por tres lonxitudes de onda (longa, media e curta) ou por dúas lonxitudes de onda complementarias. Aseméllase á cor das nubes cumulonimbus cando son densas, baixas e sombrías, á cor da néboa e á cor da cinza.[4]
A denominación de cor «gris» abarca as coloracións lixeiramente cromáticas semellantes ós grises neutros, denominadas agrisadas. Tamén se denomina «gris» ás coloraciones pardas, e especialmente ás que son claras.
A cor gris que se atopa estandarizada en catálogos de cores e inventarios cromáticos, servindo de referencia xeral para o gris, é acromático e de luminosidade media.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gris.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cinsento.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cincento.
- ↑ Diccionario Akal del color. Akal. ISBN 978-84-460-1083-8.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gris |