Cumulonimbus
Aparencia
Os cumulonimbus ou cumulonimbos[1], abreviadamente Cb, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, se caracterzan por se presentaren densas, pesadas e cun desenvolvemento vertical considerable, a xeito de montañas ou de enormes torres. Parte da súa cima é normalmente lisa, fibrosa ou estriada, e case sempre esmagada; a miúdo, esténdese en forma de engra ou dun vasto penacho. Por embaixo da base, moi escura, aparecen nubes baixas esgazadas e precipitacións.
Características
[editar | editar a fonte]Asociadas a choivas intensas, treboadas eléctricas e saraiba, e tamén a fortes refachos de vento. Son nubes de desenvolvemento vertical que se estenden ata grandes alturas, ás veces superiores aos 14 quilómetros.
Especies
[editar | editar a fonte]- Cumulonimbus calvus
- Cumulonimbus capillatus
Variedades
[editar | editar a fonte]Non ten.
Trazos suplementarios
[editar | editar a fonte]- Cumulonimbus praecipitatio
- Cumulonimbus virga
- Cumulonimbus pannus
- Cumulonimbus incus
- Cumulonimbus mammatus
- Cumulonimbus pileus
- Cumulonimbus velum
- Cumulonimbus arcus
- Cumulonimbus tuba
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cumulonimbus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover.
- Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ↑ "cumulonimbo". TERGAL. Consultado o 28/03/2019.