Gran Premio de Italia de 1966
Nome oficial | XXXVII Italian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Italia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1966 |
Distancia do evento | 68 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 |
Lonxitude | 5,793 km |
País | Italia |
Data | 4 de setembro de 1966 |
Competición | |
Primeiro posto | Ludovico Scarfiotti |
Pole position | Mike Parkes |
Volta máis rápida | Ludovico Scarfiotti |
O Gran Premio de Italia de Fórmula 1 de 1966 (formalmente o XXXVII Gran Premio d'Italia) celebrouse en Monza o 4 de setembro de 1966.
Foi a sétima rolda da tempada de Fórmula Un de 1966. A carreira foi a 37º Gran Premio de Italia e o 32º, que se celebraba en Monza. A carreira levouse a cabo sobre 68 voltas ao circuíto de cinco quilómetros cunha distancia de carreira de 391 quilómetros.
A carreira foi gañada polo piloto italiano Ludovico Scarfiotti pilotando un Ferrari 312 na súa única vitoria nun Gran Premio. Scarfiotti gañou ao seu compañeiro de equipo, o británico Mike Parkes por cinco segundos. Parkes bateu ao piloto neozelandés Denny Hulme no seu Brabham BT20, por menos de medio segundo.
O líder por puntos no campionato Jack Brabham detívose cunha fuga de aceite no seu Brabham BT19 na sétima volta, conseguiu o seu terceiro campionato mundial, sendo o único piloto en converterse en campión do mundo nun coche da súa propia marca, cando o seu único posible rival John Surtees detívose cunha fuga de combustible no seu Cooper T81 24 voltas máis tarde.
Informe da carreira
[editar | editar a fonte]Jack Brabham era o favorito con máis probabilidades para gañar o campionato, só John Surtees podía superalo, e só gañando as tres últimas carreiras. Non puido facelo por unha impresionante actuación dos pilotos de Ferrari no seu circuíto de casa. Honda trouxera un novo motor V12 de 3 litros e 370 CV para Richie Ginther, mentres que Dan Gurney tiña o seu motor Weslake e Graham Hill tiña o BRM H16. Lorenzo Bandini e Mike Parkes lideraron desde o inicio, o motor de Hill rompeu na primeira volta, seguido do abandono de Jackie Stewart na volta 5 cunha fuga de combustible, e logo de Brabham na volta 8 cun fallo de motor que recubriu o coche en aceite. Jim Clark no Lotus H16 movíase con forza a través da pista. Na volta 17, Richie Ginther tivo un terrible accidente, estrelándose fortemente contra as árbores e foi moi afortunado de saír con vida. Cando Clark entrou en boxes, Ludovico Scarfiotti, Parkes, Surtees disputaron o liderado ata que Surtees se retirou co tanque de gasolina roto que derramaba gasolina sobre os seus pneumáticos e poñía fin ás súas posibilidades no campionato. Denny Hulme avanzaba a través da pista no terceiro lugar. Pero a carreira foi para Scarfiotti, convertendose no primeiro italiano en gañar cun Ferrari en Monza desde Alberto Ascari en 1952. Parkes completou a ledicia de Ferrari, xa que superou a Hulme en 0´3 segundos, acadando o segundo lugar. No medio de todas as celebracións, Jack Brabham coroouse campión.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Ludovico Scarfiotti | Ferrari | 68 | 1:47:14.8 | 2 | 9 |
2 | 4 | Mike Parkes | Ferrari | 68 | + 5.8 | 1 | 6 |
3 | 12 | Denny Hulme | Brabham-Repco | 68 | + 6.1 | 10 | 4 |
4 | 16 | Jochen Rindt | Cooper-Maserati | 67 | + 1 volta | 8 | 3 |
5 | 42 | Mike Spence | Lotus-BRM | 67 | + 1 volta | 14 | 2 |
6 | 40 | Bob Anderson | Brabham-Climax | 66 | + 2 voltas | 15 | 1 |
7 | 48 | Bob Bondurant | BRM | 65 | + 3 voltas | 18 | |
8 | 24 | Peter Arundell | Lotus-BRM | 63 | Motor | 13 | |
9 | 20 | Geki | Lotus-Climax | 63 | + 5 voltas | 20 | |
NC | 44 | Giancarlo Baghetti | Ferrari | 59 | Non clasificado | 16 | |
Ret | 22 | Jim Clark | Lotus-BRM | 58 | Caixa de cambios | 3 | |
Ret | 36 | Jo Siffert | Cooper-Maserati | 46 | Motor | 17 | |
Ret | 2 | Lorenzo Bandini | Ferrari | 33 | Encendido | 5 | |
Ret | 14 | John Surtees | Cooper-Maserati | 31 | Fuga gasolina | 4 | |
Ret | 18 | Richie Ginther | Honda | 16 | Accidente | 7 | |
Ret | 10 | Jack Brabham | Brabham-Repco | 7 | Fuga aceite | 6 | |
Ret | 30 | Dan Gurney | Eagle-Weslake | 7 | Motor | 19 | |
Ret | 28 | Jackie Stewart | BRM | 5 | Fuga gasolina | 9 | |
Ret | 38 | Jo Bonnier | Cooper-Maserati | 3 | Acelerador | 12 | |
Ret | 26 | Graham Hill | BRM | 0 | Motor | 11 | |
NSC | 34 | Phil Hill | Eagle-Climax | ||||
NSC | 32 | Chris Amon | Brabham-BRM |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 1966 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1966 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1966 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1966 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1965 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1967 |