Gran Premio de Europa
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Valencia (Valencia) (2008–2012) Circuíto Permanente de Jerez (Xerez da Fronteira) (1994–1997) Nürburgring (Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz) (1984–2007) Circuíto de Brands Hatch (Kent) (1983–1985) Circuíto de Donington Park (Castle Donington (pt) ) Circuíto urbano de Bakú (Bakú) |
País | España |
Vixencia | 1923 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Nico Rosberg |
O Gran Premio de Europa foi unha carreira para o campionato mundial de Fórmula 1. Disputouse tres veces durante os anos 1980 e regularmente desde 1993 ata o 2012, retirouse do calendario en 2013 e volveu a disputarse en 2016 en Acerbaixán para, un ano despois, retirarse novamente do calendario en 2017 sendo substituído polo Gran Premio de Acerbaixán.
Nos primeiros anos, o Gran Premio de Europa non era unha carreira no seu propio dereito, era só un título honorífico, un dos grandes premios nacionais tamén era designada como o Gran premio de Europa. A primeira carreira chamada así foi o Gran Premio de Italia de 1923, que tivo lugar en Monza e gañouna Carlo Salamano nun Fiat e o último foi o Gran Premio do Reino Unido de 1977.
Desde a súa reintroducción, o Gran Premio de Europa polo xeral celebrouse nun país de Europa que tamén albergaba un Gran Premio nacional nese mesmo ano.
Antes e logo da guerra anos
[editar | editar a fonte]Título honorífico
[editar | editar a fonte]O Gran Premio de Europa foi creado como un título honorífico pola AIACR, a predecesora da FIA na organización de eventos de carreiras de motor. A primeira carreira en recibir o título foi o Gran Premio de Italia, en 1923, e foi seguido polo Gran Premio de Francia e Gran Premio de Bélxica. Logo dun paréntesis en 1929, Spa recibiu o último título honorífico dos anos previos á segunda guerra mundial, en 1930.
O título foi restablecido pola FIA logo da segunda guerra mundial, e déuselle primeiro ao Gran Premio de Bélxica en 1947, e foi distribuído en varios países ata o Gran Premio do Reino Unido de 1977, a última carreira en recibir o título honorífico. Todos os grandes premios honoríficos europeos da posguerra foron carreiras de Fórmula Un, agás a carreira de 1952, que se disputou baixo as regulacións da Fórmula Dúas.
O Gran Premio de Italia foi nomeado Gran Premio de Europa sete veces, máis que calquera outra carreira. Recibiu o título tres veces na década de 1920.
Como proba do Campionato Mundial
[editar | editar a fonte]Brands Hatch
[editar | editar a fonte]O evento foi creado inicialmente como un recurso provisional. En 1983, o calendario da Fórmula Un tiña orixinalmente unha carreira preto de Flushing Meadows Park en Nova York. Cando a carreira foi cancelada tres meses antes do evento, os organizadores do Circuíto de Brands Hatch foron capaces de crear un Gran Premio de Europa no seu lugar. O éxito do evento, impulsado por unha enérxica batalla polo Campionato Mundial, levou ao evento de regresar no calendario do ano seguinte.
Brands Hatch foi incapaz de acoller o Gran Premio de Europa en 1984, xa que era o anfitrión da Gran Premio do Reino Unido nos anos pares (alternando con Silverstone) palo que o GP de Europa desprazouse a un redeseñado e máis curto circuíto de Nürburgring en 1984.
Brands Hatch volveu acoller o Gran Premio de Europa en 1985, pero a carreira foi substituída en 1986 polo Gran Premio de Hungría.
Donington Park
[editar | editar a fonte]En 1990, un adiñeirado empresario xaponés, Tomonori Tsurumaki, construíu o Nippon Autopolis coa idea de organizar unha carreira de Fórmula Un. En 1992, fixéronse plans para ter un Gran Premio de Asia en 1993 para substituír o Gran Premio de México no calendario. Con todo, estes plans non se materializaron, e para substituilo, Bernie Ecclestone engadiu unha carreira en Donington Park, que levou nome de Gran Premio de Europa. A carreira foi creación de Tom Wheatcroft, que tratara de levar a F1 á pista desde un intento errado para acoller o Gran Premio do Reino Unido en 1988. O primeiro e ata agora único Gran Premio de Fórmula Un disputado en Donington Park resultou ser Ayrton Senna baixo condicións meteorolóxicas cambiantes.
Xerez
[editar | editar a fonte]O seguinte Gran Premio de Europa disputouse en Xerez en España. Xerez acolleu 14ª rolda das 16 de 1994 e o final de tempada en 1997 en substitución do o Gran Premio de Portugal, e foi o escenario da famosa colisión entre Michael Schumacher e Jacques Villeneuve, que viu a Schumacher quedar descualificado do campionato e foi tamén o escenario da primeira vitoria de Mika Häkkinen na Fórmula Un.
Nürburgring
[editar | editar a fonte]Brands Hatch foi incapaz de acoller o Gran Premio de Europa en 1984, polo que o GP de Europa dese ano foi ao novo circuíto de Nürburgring cun novo deseño máis curto. Estaba moi lonxe do Nürburgring de case 23 km que a maioría estaban afeitos ver, e inicialmente foi impopular no seu regreso á Fórmula Un.
A carreira volveu a Nürburgring en 1995, que agora era máis popular entre os pilotos. Pero logo das queixas doutros países que non podían conseguir unha carreira, a carreira de Nürburgring cambiou o nome á Gran Premio de Luxemburgo en 1997 e 1998. Xerez aloxou a carreira de 1997.
En 1998, o Gran Premio de Europa foi eliminado da programación, pero regresou en 1999 cando a carreira en Nürburgring re-adoptou o nome de Gran Premio de Europa.
A carreira de 1999 viuse condicionada polas choiva torrenciais que causaron numerosas retiradas, dando a Johnny Herbert a oportunidade de lograr con Stewart Grand Prix a primeira e única vitoria na súa última tempada antes de ser vendida a Ford.
A carreira continuou disputándose en Nürburgring ata o ano 2007. O 29 de agosto de 2006 anunciouse que fora retirada do calendario da F1 para a tempada 2007. A partir de entón só habería un GP aloxado en Alemaña cada ano, alternando entre Hockenheim e Nürburgring. Con todo, foi incerto durante un tempo cal sería o nome deste Gran Premio, mentres que orixinalmente a intención era ser o Gran Premio de Alemaña a partir de 2007,[1] a carreira de Nürburgring de 2007 aínda denominouse "Großer Preis von Europa" (GP de Europa)[2] debido á disputa sobre a propiedade do nome de Gran Premio de Alemaña.[3]
Valencia
[editar | editar a fonte]Desde 2008 a 2012 o Gran Premio de Europa tivo lugar en Valencia, España. Durante o evento de 2009, Valencia asinou un acordo por un período de 5 carreiras, o que puxo a Valencia no calendario ata 2014.[Cómpre referencia] Malia iso, en marzo de 2012, anunciouse que o Gran Premio de Europa non se celebraría en 2013, e o Gran Premio de España alternaríase entre Barcelona e Valencia.[4]Modelo:Fv Con todo, Barcelona conservou a carreira desde 2013, e a circuíto de Valencia retirouse do calendario.
Bakú
[editar | editar a fonte]O Gran Premio de Europa volveu ao Campionato Mundial de Fórmula Un en 2016, que se celebrou no Circuíto urbano de Bakú en Acerbaixán.
Gañadores do Gran Premio de Europa
[editar | editar a fonte]Gañadores múltiples (pilotos)
[editar | editar a fonte]Só inclúe carreiras independentes. Pilotos en letra grosa compiten no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
# Gañados | Piloto | Tempadas |
---|---|---|
6 | Michael Schumacher | 1994, 1995, 2000, 2001, 2004, 2006 |
3 | Fernando Alonso | 2005, 2007, 2012 |
2 | Rubens Barrichello | 2002, 2009 |
Sebastian Vettel | 2010, 2011 |
Gañadores múltiples (construtores)
[editar | editar a fonte]Só inclúe carreiras independentes. Equipos en letra grosa compiten no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
# Gañados | Construtor | Tempadas |
---|---|---|
7 | Ferrari | 2000, 2001, 2002, 2004, 2006, 2008, 2012 |
4 | McLaren | 1984, 1993, 1997, 2007 |
3 | Williams | 1985, 1996, 2003 |
2 | Benetton | 1994, 1995 |
Red Bull | 2010, 2011 |
Por ano: Gran Premio de Europa como carreira independente
[editar | editar a fonte]Por ano: Gran Premio de Europa como designación de honra
[editar | editar a fonte]Un fondo rosado indica un acontecemento que non formaba parte do Campionato mundial de Fórmula 1.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Official FIA press release. "2007 FIA Formula One championship circuit and lap information, published on February 14, 2007". Official FIA press release. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2007. Consultado o 2007-04-22.
- ↑ "Nürburgring". Official Homepage of the Nürburgring. Consultado o 2007-04-14.
- ↑ A carreira celebrada en Nürburgring en 2007 orixinalmente ía ser chamado o Gran Premio de Alemaña, pero o título foi cambiado a Gran Premio de Europa debido á disputa sobre a propiedade do nome de Gran Premio de Alemaña. See Autosport: Name row leads to return of European GP
- ↑ "Valencia pays 2012 fee, Spain to alternate from 2013". MSN Sport. MSN Sport. 9 March 2012. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Europa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Formula 1 European Grand Prix in Valencia Páxina oficial.
- Nürburgring F1 statistics