Saltar ao contido

Goma de borrar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goma de borrar plástica.

Unha goma de borrar[1], ou simplemente goma, é un instrumento de man cuxa finalidade é eliminar trazos xeralmente de lapis, aínda que tamén pode ser de tinta ou marcador.

Gomas de borrar rosas de oficina.

Xa polo ano 1770, describiuse unha goma natural para borrar marcas feitas con lapis. É moi común usala hoxe en día e é un dos principais materiais en escolas e oficinas.

Goma de borrar nun lapis.
Gomas de borrar de vinilo.

O borrador ten unha consistencia semellante á goma, de aí o seu nome. Algunhas conteñen materiais plásticos como o titinilio, plástico extraído do tratamento do titanio e vinilo. Certos lapis posúen goma de borrar nun extremo. Existen gomas con extracto de pumita para debuxo técnico. A súa materia prima é extraída dunha árbore da selva virxe no Brasil, chamada Árbore de caucho ou Seringueira.

Entre os tipos de goma de borrar existen:

  • Goma flexible
  • Goma de caucho.
  • Goma de plástico duro.
  • Goma de borrar tinta, aínda que non todos os tipos de tinta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Petroski, Henry (1989). ''The Pencil: A History of Design and Circumstance'', (en inglés).

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]