Gackt
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ja) 大城 ガクト 4 de xullo de 1973 (51 anos) Okinawa, Xapón |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, pianista, produtor musical, poeta, modelo, guitarrista, guionista, seiyū, compositor, cantante, actor, multiinstrumentista |
Período de actividade | 1993 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Pseudónimo literario | Gackt, Gackt Camui, Gackt.C |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Guitarra eléctrica, piano, Batería e voz |
Selo discográfico | Avex (pt) Gan-Shin (pt) Nippon Crown (pt) |
Sitio web | gackt.com |
|
Gackt Camui (神威 楽斗, Kamui Gakuto), nado en Okinawa o 4 de xullo de 1973, é un músico, compositor e actor xaponés, máis coñecido como Gackt.
É famoso polo seu traballo como vocalista en Malice Mizer e pola súa posterior carreira en solitario. Actualmente forma parte de S.K.I.N. xunto con Miyavi, Sugizo e Yoshiki. Ademais diso da súa música, Gackt actuou nalgúns filmes, incluído un escrito por el, Moon Child, e o seu debut internacional Bunraku.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a súa infancia na cidade de Kyoto. É o segundo de tres irmáns, sendo o seu pai profesor de música de primaria e a súa mai peiteadora. Segundo a súa autobiografía, Gackt era un rapaz afeccionado a correr riscos. Con 7 anos estivo a piques de afogar mentres nadaba na costa de Okinawa. Tras a súa experiencia, dicía ser quen de ver e falar con algúns familiares falecidos, feito que tivo que agochar por culpa dos seus pais. Á idade de 10 anos, Gackt foi hospitalizado e tivo que permanecer así por un tempo prolongado; tempo no cal fixo amizade con algúns nenos enfermos terminais. Á morte dun dos seus amigos durante ese período supuxo para el un duro golpe.
A educación musical de Gackt comezou con tan só tres anos, cando seus pais iniciaron a súa educación de piano clásico, inda que o deixou pasados uns anos, cando descubriu que un dos seus amigos tamén tocaba o piano. Competir por ser o mellor músico levouno a retomar as súas clases de piano, e tamén a aprender a tocar outros instrumentos. Con 17 anos entra en contacto por primeira vez co rock e comeza a tocar a batería.
Apenas un ano despois únese a Cain's Feel como batería auxiliar. Cando o vocalista do grupo decide abandonar, é proposto como substituto, comezando así a súa carreira como cantante.
Gackt entrou a formar parte do grupo Malice Mizer no ano 1995 como vocalista, pianista e compositor de letras. Neste período edita dous discos Voyage ~Sans Retour~ e Merveilles ademais de sete sinxelos. Deixou a banda en 1999, segundo el por petición do grupo xusto cando estaba conseguindo fama e responsabilidades. Os demais membros sosteñen que a súa marcha se debeu a un abandono pola súa parte.
Carreira en solitario
[editar | editar a fonte]O 12 de maio de 1999 lánzase "Mizerable", o primeiro sinxelo como solista (acompañado pola banda The Gackt Job).
O 25 de maio do 2007, anunciouse a formación do supergrupo S.K.I.N. no cal participan o artista pop/rock MiYaVi, o ex-guitarrista de Luna Sea Sugizo e o cofundador de X Japan Yoshiki, ademais do propio Gackt. O debut do grupo produciuse coa actuación na Anime Expo en Long Beach (California) o 29 de xuño de 2007.
Discografía e Videografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- MARS (26 de abril de 2000)
- Rebirth (25 de abril de 2001)
- MOON (29 de xuño de 2002)
- Crescent (3 de decembro de 2003)
- Love Letter (14 de febreiro de 2004)
- DIABOLOS (21 de setembro de 2005)
- 0079-0088 (19 de decembro de 2007)
Mini álbums
[editar | editar a fonte]- Mizérable (12 de maio de 1999)
Compilacións
[editar | editar a fonte]- Remix Of Gackt (3 de novembro de 1999)
- THE SIXTH DAY ~SINGLE COLLECTION~ (25 de febreiro de 2004)
- THE SEVENTH NIGHT ~UNPLUGGED~ (26 de maio de 2004)
- Jūnigatsu no Love song ~COMPLETE BOX~ (12月のLove songs ~COMPLETE BOX~) (13 de decembro de 2006)
Outros
[editar | editar a fonte]- Love Letter - For Korean Dears (15 de xuño de 2005) - edición especial de Love Letter para Corea
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- "Mizérable" (30 de xuño de 1999)
- "Vanilla" (11 de agosto de 1999)
- "Mirror" (9 de febreiro de 2000)
- "OASIS" (16 de febreiro de 2000)
- "Seki-ray" (鶺鴒 ~seki-ray~) (8 de marzo de 2000)
- "Saikai ~Story~" (再会 ~Story~) (30 de agosto de 2000)
- "Secret Garden" (16 de novembro de 2000)
- "Kimi no Tame ni Dekiru Koto" (君のためにできること) (14 de marzo de 2001)
- "ANOTHER WORLD" (9 de setembro de 2001)
- "Jūnigatsu no Love song" (12月のLove song) (16 de decembro de 2001)
- "Wasurenai Kara" (忘れないから) (24 de abril de 2002)
- "Jūnigatsu no Love song" (12月のLove song) / December Love (27 de novembro de 2002) - Re-Lanzamento
- "Kimi Ga Oikaketa Yume" (君が追いかけた夢) (19 de marzo de 2003)
- "Tsuki no Uta" (月の詩) (11 de xuño de 2003)
- "Lu:na / OASIS" (25 de xuño de 2003)
- "Last Song" (12 de novembro de 2003)
- "Jūnigatsu no Love song" (12月のLove song) / 十二月的情歌 (3 de decembro de 2003) - Re-Lanzamento
- "Kimi ni Aitakute" (君に逢いたくて) (27 de outubro de 2004)
- "Jūnigatsu no Love song" (12月のLove song)/ December Love Song〈한국어〉 (8 de decembro de 2004) - Re-Lanzamento
- "Arittake no Ai de" (ありったけの愛で) (26 de xaneiro de 2005)
- "BLACK STONE" (27 de abril de 2005)
- "Metamorphoze" (Metamorphoze ~メタモルフォーゼ~) (25 de maio de 2005)
- "Todokanai Ai to Shitteita no ni Osaekirezu ni Aishitsuzuketa..." (届カナイ愛ト知ッテイタノニ抑エキレズニ愛シ続ケタ…) (8 de agosto de 2005)
- "REDEMPTION" (25 de xaneiro de 2006)
- "Love Letter" (1 de marzo de 2006)
- "No ni saku hana no you ni" (野に咲く花のように) (7 de febreiro de 2007)
- "RETURNER ~Yami no Shuen~" (RETURNER~闇の終焉~) (20 de xuño de 2007)
DVD
[editar | editar a fonte]- MARS sora kara no hômonsha (20 de novembro de 2000, DVD do concerto)
- Requiem et Reminiscence -shuen to seijaku- (30 de novembro de 2001, DVD do concerto)
- Gackt Live Tour 2002 kagen no tsuki - seiya no shirabe (19 de marzo de 2003, DVD do concerto)
- Gekkou (6 de agosto de 2003, DVD e pvs)
- Jougen no Tsuki Tour - Live (18 de setembro de 2003, DVD do concerto)
- MOON CHILD (25 de setembro de 2003, DVD e miscelánea)
- Gackt Live Tour 2004 THE SIXTH DAY & SEVENTH NIGHT ~FINAL~ (15 de setembro de 2004, DVD do concerto)
- Live Tour 2005 Diabolos (29 de marzo de 2006, DVD do concerto)
- Gackt THE GREATEST FILMOGRAPHY 1999-2006 ~RED~ (23 de agosto de 2006)
- Gackt THE GREATEST FILMOGRAPHY 1999-2006 ~BLUE~ (23 de agosto de 2006)
- Gackt Asia Tour DIABOLOS~哀婉 no toki~ in KOREA (15 de novembro de 2006, DVD do concerto)
- PLATINUM BOX ~VII~ (6 de decembro de 2006)
- Gackt Training Days 2006 DRUG PARTY (1 de xuño de 2007)
VHS
[editar | editar a fonte]- Vanilla (8 de decembro de 1999, VHS e miscelánea)
- Mirror OASIS (21 de xuño de 2000, VHS e pvs)
- MARS sora kara no hômonsha (4 de outubro de 2000, VHS e making of)
- saisei to shyûen (21 de xuño de 2001, VHS e miscelánea)
- Requiem et Reminiscence -shuen to seijaku- (28 de setembro de 2001, VHS do concerto)
- soyokaze (1 de marzo de 2002, VHS e pvs)
- Gackt Live Tour 2002 kagen no tsuki - seiya no shirabe (19 de marzo de 2003, VHS do concerto)
- Gekkou (6 de agosto de 2003, VHS e pvs)
- Jougen no Tsuki Tour - Live (18 de setembro de 2003, VHS do concerto)
BOOKS
[editar | editar a fonte]- 2006-03-00 - Gackt 2005 TOUR DOCUMENT BOOK“DIABOLOS~aien no shi~ (libro-documental)
- 2004-03-20 - Crescent (libro e art-book)
- 2003-12-15 - subarashiki kana jinsei 2 (libro e art-book)
- 2003-10-00 - MOON CHILD (Chinkonka) Requiem hen (libro e miscelánea)
- 2003-09-30 - Jihaku - Shougeki no Jiden (libro e miscelánea)
- 2003-04-05 - HYDE & GACKT - MOON CHILD (libro e miscelánea)
- 2002-10-25 - JUST BRING IT! LIVE TOUR 2002 (libro e art-book)
- 2001-12-24 - Subarashikika na jinsei (libro e art-book)
- 2000-11-10 - For Dears ~Féter nos retrouvailles~ (libro e art-book)
- 1999-09-24 - Mizérable ~unmei~ (libro e art-book)
- 1999-07-24 - Mizérable ~hishou~ (libro e art-book)
- 0000-00-00 - 2001 TOUR DOCUMENT BOOK 「 Requiem et Reminiscence ~chinkon to saisei~ (libro e art- book)
- 0000-00-00 - Kimi ga oikaketa yume (libro e score book)
- 0000-00-00 - Kagen no tsuki ~2002 Final Live~ Jougen no tsuki ~2003 Live Tour (libro e art-book)
- 0000-00-00 - The Air Moon ~Hakuchuu no tsuki~ (libro art-book)
BOX & MISC
[editar | editar a fonte]- 2007-12-24 - PLATINUM BOX VIII
- 2006-12-13 - 12GATSSU LOVE SONGS ~Complete Box~ (Box - Box)
- 2006-12-06 - PLATINUM BOX VII (DVD - Box)
- 2005-12-07 - PLATINIUM BOX VI (miscelánea - miscelánea)
- 2004-12-15 - PLATINUM BOX V (miscelánea - miscelánea)
- 2003-12-17 - PLATINUM BOX IV (miscelánea - miscelánea)
- 2002-12-21 - PLATINUM BOX III (miscelánea - miscelánea)
- 2001-12-21 - PLATINUM BOX II (miscelánea - miscelánea)
- 2000-12-16 - PLATINUM BOX I (miscelánea - miscelánea)
- 1999-06-30 - Mizerable Single Box (miscelánea - miscelánea)
Películas
[editar | editar a fonte]MOON CHILD Protagonizada xunto con HYDE (Vocalista de L'Arc~en~Ciel) e Wang Lee Hom