Saltar ao contido

Firmino de Amiens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFirmino de Amiens

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento272 Editar o valor en Wikidata
Pompaelo, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morte25 de setembro de 303 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
Amiens, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedecapitación Editar o valor en Wikidata
Bishop of Amiens (en) Traducir

Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Castronuevo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa25 de setembro
7 de xullo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Firmin, St. Editar o valor en Wikidata


Firmino de Amiens, nado en Pamplona en 272 e finado en Amiens (Francia) o 25 de setembro de 303, foi un misioneiro cristián, primeiro bispo de Amiens, cuxa igrexa construíu. Foi decapitado aos 31 anos de idade. É patrón de Amiens, Lesaka, e co-patrón de Navarra xunto con San Francisco Xavier.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Segundo a lenda, naceu en Pompaelo (a actual Pamplona), fillo dun senador pagán de nome Firmo, un alto funcionario da administración romana que gobernou Pamplona no século III. A predicación de san Honesto, quen marchara á península tras ser milagrosamente liberado da súa prisión en Carcasona, conmoveu aos seus pais, quen con todo non se converteron ata oír a san Sadurniño de Tolosa. O santo bautizaría a Firmino e aos seus pais no lugar que hoxe se chama popularmente pocico de San Cernin.

Baixo a tutela de Honesto, o mozo Firmino aprendeu a relixión e a arte da predicación. Aos 18 anos foi enviado a Tolosa, onde sería ordenado. Tras predicar en Navarra, marchou a Francia, onde se asentou en Amiens. Logo de organizar a construción da igrexa local, foi nomeado bispo aos 24 anos. A oposición oficial á doutrina cristiá fixo que fose encarcerado e decapitado.

En 1186 o bispo Pedro de París levou de Amiens a Pamplona unha reliquia da cabeza de Firmino.

O seu santoral celébrase o 7 de xullo. En Pamplona conmemórase cunhas festas de fama internacional, os Sanfermines, nas que destacan os encerros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]