Saltar ao contido

Eva Perón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEva Perón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es-419) María Eva Duarte de Perón Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es-419) María Eva Duarte Editar o valor en Wikidata
7 de maio de 1919 Editar o valor en Wikidata
Junín, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xullo de 1952 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro do colo do útero (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério da Recoleta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidenta Eva Perón Foundation (en) Traducir
8 de xullo de 1948 – 26 de xullo de 1952
← sen valor – Juan Domingo Perón →
First Lady of Argentina (en) Traducir
Spiritual Leader of the Nson webadasArgentina (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, sindicalista, activista polos dereitos das mulleres, actriz de cinema, actriz de teatro, sufraxista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFemale Peronist Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoDereitos da muller Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJuan Domingo Perón (1945–1952) Editar o valor en Wikidata
IrmánsJuan Ramón Duarte Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0675831 BNE: XX925219 WikiTree: Duarte-78 Find a Grave: 14086851 Editar o valor en Wikidata

Eva María Ibarguren, máis coñecida como Eva Perón, nada en Los Toldos o 7 de maio de 1919 e finada o o 26 de xullo de 1952, foi unha actriz e política arxentina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla non recoñecida do estancieiro Juan Duarte e Juana Ibarguren, desde os 11 anos a súa infancia transcorreu en Junín. En 1935 marchou a Buenos Aires para traballar como actriz, debutou o 28 de marzo de 1935 no Teatro Comedias nun papel secundario en La Señora de los Pérez, foi unha época na que viviu con poucos recursos ata que en 1937 comezou a actuar en radionovelas, en especial comezou a adquirir fama Los jazmines del ochenta. En 1939 e apareceu nalgúns filmes pero foi en 1942 cando adquiriu fama ao facerse sumamente popular a radionovela Grandes mujeres de la historia na que tiña un papel protagonista. Unha das promotoras da Asociación Radial Arxentina, foi elixida a súa presidenta en 1944, o ano que coñecera a Juan Domingo Perón, casando o 21 de outubro de 1945.

Eva participou activamente na campaña presidencial de 1945 do seu esposo que foi un éxito e Eva colaborou na organización de cooperativas obreiras e na implantación de diversos beneficios sociais. En 1947 visitou diversos países europeos, entre eles a España de Francisco Franco, e plantou unha árbore na Alameda de Santiago de Compostela[1]. Creou e converteu á Fundación Eva Perón, de carácter privado pero financiada con fondos públicos nunha especie de ministerio oficioso para mellorar as condicións das clases máis desfavorecidas pero entrou en conflito coa Sociedad de Beneficencia, unha entidade paraestatal dirixida por mulleres da clase alta que tradicionalmente se encargana na Arxentina da axuda social, o que fixo por extensión se enfrontase coa oligarquía arxentina e coas forzas armadas. Pero tamén é certo que o modo de vida de Eva, con ostentación de riqueza e casos de corrupción como o de seu irmán Juan non a axudaron.

Partidaria da igualdade de dereitos da muller, fundou en 1949 o Partido Peronista Feminino que tiña garantido un terzo dos cargos electos do peronismo e consegue o recoñecemento do voto feminino. Proclamada candidata á vicepresidencia da República o 22 de agosto de 1951 pero renuncia ante a oposición dos militares.

Morreu por mor dun cancro.

  1. "Alameda de Santiago de Compostela" Arquivado 24 de xullo de 2018 en Wayback Machine., na web da Sociedad Española de la Camelia (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]