Saltar ao contido

España nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
España nos Xogos Olímpicos

Código COI ESP
Comité nacional Comité Olímpico Español
www.coe.es (en castelán)
Medalleiro
Ouro
54
Prata
77
Bronce
61
Total
192

España participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1900, e dende entón participou na maioría dos Xogos de Verán a partir de 1920. España tamén participou en cada edición dos Xogos de Inverno dende 1936. O seu equipo é xestionado polo Comité Olímpico Español (COE) creado en 1924.

España non participou nos Xogos Olímpicos de 1936 celebrados na Alemaña nazi por mor da guerra civil española, e tamén participou no boicot dos Xogos de 1956 en Melbourne por mor da invasión soviética de Hungría.

España foi a sede dos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, a cidade de orixe do daquela presidente do Comité Olímpico Internacional (COI), Juan Antonio Samaranch. Os deportistas españois gañaron un total de 171 medallas, sendo a vela o deporte que máis metais lle reportou. Catro desas medallas foron gañadas nos Xogos de Inverno.

O Comité Olímpico Español conta unha medalla máis ca o COI porque recoñecen a gañada por Pedro José Pidal y Bernaldo de Quirós nunha proba de tiro de 1900, mentres que o COI non recoñece oficialmente ese evento e o gañador foi galardoado cun premio en metálico e non cunha medalla.[1]

Táboas coas medallas

[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán

[editar | editar a fonte]
Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
Reino de Grecia Atenas 1896 non participou
Francia París 1900 8 1 0 0 1 14
1904–1912 non participou
Bélxica Antuerpen 1920 32 0 2 0 2 17
Francia París 1924 125 0 0 0 0
Países Baixos Ámsterdam 1928 80 1 0 0 1 24
Os Ánxeles 1932 6 0 0 1 1 26
Alemaña Nazi Berlín 1936 non participou por mor da guerra civil
Londres 1948 65 0 1 0 1 28
Finlandia Helsinqui 1952 30 0 1 0 1 34
Australia Melbourne 1956 6 0 0 0 0
Italia Roma 1960 144 0 0 1 1 41
Xapón Toquio 1964 53 0 0 0 0
Cidade de México 1968 127 0 0 0 0
República Federal Alemá Múnic 1972 120 0 0 1 1 43
Montreal 1976 106 0 2 0 2 30
Unión Soviética Moscova 1980 155 1 3 2 6 20
Os Ánxeles 1984 179 1 2 2 5 20
Seúl 1988 229 1 1 2 4 25
España Barcelona 1992 422 13 7 2 22 6
Atlanta 1996 289 5 6 6 17 13
Australia Sydney 2000 321 3 3 5 11 25
Grecia Atenas 2004 317 3 11 6 20 20
República Popular da China Pequín 2008 286 5 11 3 19 14
Londres 2012 278 4 10 4 18 17
Río de Xaneiro 2016 305 7 4 6 17 14
Xapón Toquio 2020 321 3 8 6 17 22
Francia París 2024 383 5 4 9 18 15
Os Ánxeles 2028 Evento futuro
Australia Brisbane 2032
Total 53 76 58 187 26

Medallas nos Xogos de Inverno

[editar | editar a fonte]
Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
Alemaña Nazi Garmisch-Partenkirchen 1936 6 0 0 0 0
Suíza Sankt Moritz 1948 6 0 0 0 0
Oslo 1952 4 0 0 0 0
Italia Cortina d'Ampezzo 1956 9 0 0 0 0
Squaw Valley 1960 4 0 0 0 0
Austria Innsbruck 1964 6 0 0 0 0
Francia Grenoble 1968 19 0 0 0 0
Xapón Sapporo 1972 3 1 0 0 1 13
Austria Innsbruck 1976 4 0 0 0 0
Lake Placid 1980 8 0 0 0 0
Iugoslavia Saraxevo 1984 12 0 0 0 0
Calgary 1988 12 0 0 0 0
Francia Albertville 1992 17 0 0 1 1 19
Lillehammer 1994 13 0 0 0 0
Xapón Nagano 1998 12 0 0 0 0
Salt Lake City 2002 7 0 0 0 0
Italia Turín 2006 16 0 0 0 0
Vancouver 2010 18 0 0 0 0
Sochi 2014 20 0 0 0 0
Pyeongchang 2018 13 0 0 2 2 26
República Popular da China Pequín 2022 14 0 1 0 1 25
Italia Milán–Cortina 2026 Evento futuro
Total 1 1 3 5 41

Medallas por deporte

[editar | editar a fonte]
Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Vela 14 5 3 22
Piragüismo 5 10 8 23
Atletismo 5 6 9 20
Ciclismo 5 5 6 16
Ximnasia 3 4 1 8
Judo 3 1 3 7
Tenis 2 8 5 15
Fútbol 2 3 0 5
Wáter-polo 2 3 0 5
Natación 2 2 4 8
Taekwondo 1 5 1 7
Hóckey sobre herba 1 3 1 5
Hípica 1 2 1 4
Tiro 1 2 1 4
Halterofilia 1 1 1 3
Karate 1 1 0 2
Tiro con arco 1 0 0 1
Bádminton 1 0 0 1
Pelota vasca 1 0 0 1
Escalada 1 0 0 1
Baloncesto 0 5 1 6
Boxeo 0 3 3 6
Natación sincronizada 0 3 2 5
Voleibol praia 0 1 0 1
Polo 0 1 0 1
Remo 0 1 0 1
Tríatlon 0 1 0 1
Balonmán 0 0 6 6
Esgrima 0 0 1 1
Loita 0 0 1 1
Total 53 76 58 187
Xogos de Inverno
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Esquí alpino 1 0 1 2
Snowboard 0 1 1 2
Patinaxe artística 0 0 1 1
Total 1 1 3 5
  1. Sánchez, Javier (9 de agosto de 2012). El Mundo, ed. "La medalla 121, ¿o 122?". Consultado o 9 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]