Eoarcaico
En xeoloxía o Eoarcaico ou era Eoarcaica é unha era ou eratema que comprende o tempo inicial que vai despois da solidificación da codia terrestre, despois da etapa inicial fundida da formación da Terra. Na escala de tempo xeolóxico vén despois do eón Hádico e precede á era Paleoarcaica. As orixes abióticas da vida datáronse no intervalo entre os 4.000 e os 3.600 Ma de antigüidade, cando os valores de presión atmosférica ían de 10 a 100 bares (de 10 a 100 atmosferas).[1][2][3]
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]Anteriormente esta era non tiña un nome oficial e xeralmente se facía referencia a ela como a primeira parte do Arcaico temperán (agora un nome obsoleto) xunto coa posterior era Paleoarcaica.
A Comisión Internacional de Estratigrafía agora recoñece oficialmente a era Eoarcaica como a primeira parte do eón Arcaico, precedido do eón Hádico, durante o cal a Terra crese que estaba esencialmente fundida.
A Comisión Internacional de Estratigrafía actualmente non recoñece o límite inferior da era, que foi situado provisoriamente en 4.000 Ma[4] nin o do precedente eón Hádico.
O Eoarcaico foi seguido da era Paleoarcaica.
O nome procede das palabras gregas: eos (amencer) e archaios (antigo). O primeiro supercontinente, chamado Vaalbara, apareceu aproximadamente ao final deste período, hai uns 3.600 Ma.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]Unha característica do Eoarcaico é que a Terra posuía por primeira vez unha codia solidificada. Porén, esta codia puido ser incompleta en moitos sitios, e puideron existir áreas de lava na superficie. O inicio do Eoarcaico caracterízase porque durante el a Terra sufriu un forte bombardeo de asteroides, que afectou ao sistema solar interior: o bombardeo tardío intenso. O Eoarcaico é a primeira fase do noso planeta da cal sobreviviron ata os nosos días formacións de rochas sólidas. A máis grande destas formacións é o Cinto de pedras verdes de Isua, na costa suroeste de Groenlandia. Apareceu durante o Eoarcaico arredor de 3.800 Ma. Os gneis de Acasta do escudo canadense datáronse en 4.030 Ma de antigüidade e son, por tanto, as formacións rochosas máis antigas conservadas. En 2008 desscubriuse outra formación rochosa no cinto de pedras verdes de Nuvvuagittuq no norte do Quebec no Canadá, que foi datada en 4.280 Ma de antigüidade.[5] Actualmente, estas formacións están a ser investigadas intensamente.[6]
Atmosfera
[editar | editar a fonte]As apatitas de Groenlandia de 3.850 millóns de anos de idade mostran evidencias de enriquecemento en 12C. Isto iniciou un debate sobre se puido haber vida fotosintética antes dos 3.800 Ma de antigüidade.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mulkidjanian, A. Y. (2009). "On the origin of life in the zinc world: 1. Photosynthesizing, porous edifices built of hydrothermally precipitated zinc sulfide as cradles of life on Earth.". Biol. Direct 4: 26. doi:10.1186/1745-6150-4-26.
- ↑ Mulkidjanian, A. Y.; Bychkov, A. Y.; Dibrova, D. V.; Galperin, M. Y.; Koonin, E. V. (2012). "Origin of first cells at terrestrial, anoxic geothermal fields". Proc. Natl. Acad. Sci. USA 109 (14): E821–30. Bibcode:2012PNAS..109E.821M. PMC 3325685. PMID 22331915. doi:10.1073/pnas.1117774109.
- ↑ Mulkidjanian, A. Y. (2011). "Energetics of the First Life". In R. Egel, D.-H. Lankenau, and A. Y. Mulkidjanian (ed.), Origins of Life: The Primal Self-Organization. Springer Verlag, Heidelberg.(book): 3–33.
- ↑ Recent ICS provisional chart
- ↑ O'Neil, J.; Carlson, R. W.; Francis; D.; Stevenson, R. K. (2008). "Neodymium-142 Evidence for Hadean Mafic Crust". Science 321: 1828–1831. Bibcode:2008Sci...321.1828O. PMID 18818357. doi:10.1126/science.1161925.
- ↑ Jean David, Laurent Godin, Ross Stevenson, Jonathan O'Neil and Don Francis: U-Pb ages (3.8–2.7 Ga) and Nd isotope data from the newly identified Eoarchean Nuvvuagittuq supracrustal belt, Superior Craton, Canada. GSA Bulletin, Bd. 121; No. 1-2; pp. 150-163; January 2009, doi 10.1130/B26369.1
- ↑ Mojzis, S, et al. (1996), Evidence for Life on Earth before 3800 million years ago", (Nature, 384)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eoarcaico |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Egel, R.; Lankenau, D.-H.; Mulkidjanian, A. Y. (2011). Origins of Life: The Primal Self-Organization. Berlin Heidelberg: Springer-Verlag. pp. 1–366,. ISBN 978-3-642-21624-4. doi:10.1007/978-3-642-21625-1.