El Miño (Ourense)
El Miño | |
---|---|
![]() | |
Tipo | xornal ![]() |
Linguas
| |
Publicación | |
Lugar publicación | Ourense ![]() |
País orixe | España ![]() |
Datas | |
Comezo | 20 de outubro de 1898 ![]() |
Remate | novembro de 1913 ![]() |
Data de creación | 20 de outubro de 1898 ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
Contacto | |
Redes | ![]() |
[ Wikidata ] |
El Miño foi un xornal publicado en Ourense entre 1898 e 1913.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Diario liberal. Defensor de los intereses locales y regionales, apareceu o 20 de outubro de 1898. O diario foi fundado polo deputado liberal Vicente Pérez logo da súa ruptura con Valentín Lamas Carvajal pola orientación conservadora que imprimía como director a El Eco de Orense. Os seus directores foron Vicente Romero Rodríguez, Francisco Álvarez de Nóvoa e Eugenio López Aydillo (en xaneiro de 1910, que dimitiu en maio de 2013).[1] Caracterizouse pola defensa dos intereses galegos e por servir de escola xornalística a moitos coñecidos galeguistas. Cambiou o seu subtítulo por Diario de mayor circulación de la provincia en 1911 e Diario de la mañana en 1912.

No diario escribiu Vicente Risco cos pseudónimos de "Rujú Sahib" e "Polichinela" artigos de filosofía e actualidade entre 1910 e 1913, ademais traduciu ao castelán poetas franceses e fragmentos do Mahabharata. Tamén Francisco Álvarez de Nóvoa tiña unha combativa sección titulada "Agujetas".
En 1913 Vicente Pérez enfrontouse con Eugenio Montero Ríos e Manuel García Prieto e fixo campaña contra elas no xornal.[2] Cesou a súa publicación a finais de novembro de 1913.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Miño, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Miño, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.