Saltar ao contido

Ducado de Suabia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDucado de Suabia
ducatus Sueviae (la) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación909 ↔ 917 Editar o valor en Wikidata
Disolución1313 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porÁustria Anterior (pt) Traducir, Antiga Confederación Suíza, House of Tübingen (en) Traducir, County of Württemberg (en) Traducir, Zollern (pt) Traducir, landgraviate of Lower Alsace (en) Traducir, landgraviate of Upper Alsace (en) Traducir, Margraviato de Baden (pt) Traducir, Principality of Fürstenberg (en) Traducir, República de Mulhouse (pt) Traducir, Free City of Haguenau (en) Traducir e Free City of Sélestat (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

O ducado de Suabia, chamado até 1079 ducado de Alemaña,[1] foi un dos cinco ducados troncais do medieval reino de Alemaña. Xurdiu no século X na zona suroeste, que fora colonizada por tribos alamanitas na Antigüidade tardía. Formouse en 915 despois da reforma dos condados da Francia Oriental.

Aínda que a rexión histórica de Suabia toma seu nome dos antigos suevos, que habitaban no ángulo formado polos ríos Rin e Danubio, o ducado comprendía un territorio moito máis amplo, que se estendía desde a cordilleira dos Vosgos alsacianos no oeste, até as beiras do río Lech (afluente do Danubio) no leste, e até o cidade italiana de Chiavenna (Kleven, en alemán), na actual provincia de Sondrio, e o Paso de San Gotardo no sur.

O nome deste ducado, o máis grande do reino de Alemaña, frecuentemente chamábase, indistintamente, como Alamannia durante a Alta Idade Media,[2] até aproximadamente o século XI, cando a forma Suabia comezou a prevalecer.[3]

Despois dunha loita de séculos coa casa de Zähringen, o margraviato de Baden desvinculouse do ducado Suabo no século XII. O ducado restante persistiu até 1268, rematando coa execución do último duque Hohenstaufen Conradino. O conde Rodolfo I de Habsburgo, elixido rei dos romanos en 1273, intentou revivir o título ducal suabo, outorgándollo ao seu fillo máis novo, o posterior duque Rodolfo II de Austria, que o pasou ao seu fillo Xoán de Suabia, duque de Austria e Estiria, xoñecido como Xoán o Parricida. Xoán morreu sen herdeiro en 1312 ou 1313, marcando o final do título "revivido".

A familia máis notábel que tivo Suabia foron os Hohenstaufen, que a mantiveron, cunha breve interrupción, desde 1079 até 1268. Durante gran parte deste período, os Hohenstaufen tamén foron emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico. Á morte sen herdeiros do duque Conrado IV de Suabia, Conradino, en 1268, a liña dos Hohenstaufen extinguiuse, e o ducado de Suabia desintegrouse en varios condados, cidades e abadías libres, estados que, na súa maior parte, existiron até a mediatización e secularización de 1803.

O Sacro Imperio Romano Xermánico contra o ano 1000.
     Ducado de Saxonia      Alta Lorena      Baixa Lorena      Ducado de Franconia      Ducado de Suabia      Ducado de Baviera

En 746 os carolinxios afirmaron seu dominio en Centroeuropa. Pipino o Breve suprimiu os ducados nacionais e fixo gobernar Alemaña por dous condes. No século IX, despois do desmembramento do Imperio carolinxio, estes condes volveron a ser independentes.

Fundación

[editar | editar a fonte]

O ducado de Suabia foi proclamado polo conde palatino Erchanger I de Suabia en 915. Esta aliárase co seu rival Bucardo II e derrotou ao rei Conrado I de Alemaña nunha batalla en Stockach. Conrado I fíxoos executar en 917, e deu un título ducal estendido a Alemaña, unindo a Alsacia e a Suabia, a Burcardo II. Este fíxose recoñecer por Henrique I o Paxareiro, da dinastía Saxoa. En 925, cando Henrique I se apodera da Lotarinxia, separa Alsacia, para integrala no ducado suabo.[3]

Época saxoa

[editar | editar a fonte]

A Burcardo II sucedeuno Herman I, que casou coa súa viúva, e Liudolfo de Suabia, fillo do rei Odón, e xenro de Herman. Este rebélase contra seu pai, e é substituído por Burcardo III, que morre sen descendencia. Odón II entrega o ducado de Suabia ao fillo de Ludolfo, Odón I, que morre en 982. A continuación sucedeuno Conrado I, primo do emperador, e Herman II, seu sobriño, que tamén gobernaba Alsacia. O fillo deste, Herman III ten por herdeira á súa irmá Xisela, esposa do margrave de Austria, a cal exerce a rexencia en nome de seu fillo máis novo Ernesto I en 1015, e logo casa con Conrado II, máis tarde emperador. Ernesto II, rebelado contra seu sogro, perde Suabia, que Conrado II entrega en 1030 ao segundo fillo de Xisela, Herman IV, morto sen descendencia, e despois ao seu propio fillo, Henrique III o Negro, futuro emperador, quen enfeuda Suabia ao conde palatino do Rin, Odón II en 1045, e despois da súa morte, ao margrave Odón de Schweinfurt, en 1048. Ao desaparecer este tamén sen herdeiros, o ducado pasa ao conde Rodolfo de Rheinfelden en 1057. Esta foi unha elección desafortunada, porque Rodolfo disputou o imperio a Henrique IV, pero foi derrotado e morto.[3]

Época Hohestaufen

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinastía Hohenstaufen.

O emperador Henrique IV entregou o ducado de Suabia ao conde Frederico I, da dinastía Hohenstaufen. Este debeu combater non soamente ao fillo do anticésar Bertoldo de Rheinfelden, senón tamén ao seu xenro, Bertoldo de Zähringen, e foi obrigado a facer concesións en 1096. Os bens dos güelfos deberon ser cedidos a Baviera, e Brisgau e a procuraduría de Zürich á Casa de Zahringen. A capital do ducado, que estaba até entón en Zürich, pasou a Ulm.

Os duques seguintes foron Frederico II o Cego en 1105, e Frederico III, que chegou a emperador, coñecido como Frederico Barbarroxa. Chegados ao trono, os Hoenstaufen conservaron o ducado de Suabia na súa familia. Así, colocaron primeiro ao mozo Frederico IV de Rotenburgo, fillo do emperador Conrado III, e despois a catro fillos de Barbarroxa, entre eles a Frederico V en 1167, Conrado II en 1191 e Filipe en 1196, o cal, á súa vez, petendía o imperio. A loita que sostivo precipitou a disolución do ducado. Para comprar apoios, distribuíu case todas as súas terras. Seu sucesor, o emperador Frederico II, puxo á cabeza do ducado de Suabia a seu fillo Henrique II en 1216, e despois da súa rebelión, ao seu segundo fillo, Conrado IV, o cal, unha vez coroado emperador, transmitiullo ao seu fillo Conradino en 1254. Este heroico neno foi, á vez, o último Hoehenstaufen e o derradeiro duque de Suabia. Cando partiu, con catorce anos, a reconquistar o reino de Sicilia, comprometeu o que lle quedaba ao conde de Württenberg, o mariscalato de Suabia, o padroado de Ulm e as landas de Leutkirch.[3]

A Suabia posducal

[editar | editar a fonte]

Cando o emperador Maximiliano I dividiu o Sacro Imperio Romano xermánico en Círculos Imperiais en 1512, un, que era practicamente coincidente co ducado, chamouse Círculo de Suabia. A zona, que antes era Suabia, estaba composta polo condado de Württemberg, o Margraviato de Baden e a parte occidental do Reino de Baviera. Aínda que o nome Suabia úsase ocasionalmente de maneira xeral para designar o distrito anteriormente ocupado polo ducado, o uso exacto do nome agora limítase ao Regierungsbezirk da Suabia bávara, coa capital en Augsburgo.[3]

  1. Aegidius Tschudi: Chronicon Helveticum, tomo 1, Basilea 1734, p. 30.
  2. "Germany, the Stem Duchies & Marches". Friesian.com. 13-02-1945. Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Chisholm, Hugh, ed. (1911): "Swabia". Na Encyclopædia Britannica. 26 (11ª ed.) Cambridge University Press, p. 176.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]