Doordarshan
Doordarshan दूरदर्शन | |
---|---|
Inicio das emisións | 1959 |
Propiedade de | Prasar Bharati |
Área de emisión | India |
Na rede
| |
www.ddindia.gov.in |
Doordarshan é a cadea pública de televisión da India que forma parte do ente público de radiotelevisión Prasar Bharati.
Inicios
[editar | editar a fonte]Doordarshan comezou a emitir experimentalmente o 15 de setembro de 1959 transmitindo para a zona de Delhi a través dun pequeno transmisor. As emisións regulares principiaron en 1965 como parte de All India Radio, en 1972 o servizo espallouse por Mumbai) e Amritsar e aínda en 1975 o servizo de televisión só estaba dispoñible en sete cidades. En 1976 separáronse o servizo de radio e o de televisión.
Emisións en toda a India
[editar | editar a fonte]Ata 1982 todas as emisións eran locais pero a partir dese ano comezan a se transmitir emisións para toda a India, nese ano tamén comezaron as emisións en cor co discurso da primeira ministra Indira Gāndhi no Día da Independencia (15 de agosto) e nas transmisións dos Xogos Asiáticos que se celebraban en Deli.
Canles
[editar | editar a fonte]Doordarshan opera múltiples canles, dúas emiten para toda a India, DD National e DD News, 11 canles por satélite en linguas rexionais, varias canles rexionais en estados de lingua hindi, unha canle deportiva, unha canle internacional e dúas canles para emisións de debates parlamentarios.
- DD National, primeira canle e a máis vista no país, transmite maioritariamente en hindi porén ten desconexións en diferentes linguas do país.
- DD News, canle de noticias en hindi e inglés.
- DD Sports, canle deportiva en hindi
- DD Bharati, canle educativa e cultural en hindi
- DD India, canle internacional emite principalmente en hindi e inglés, con programas urdú, punxabi, telugu, támil, kanarés, malayalam, guxarati e marata
- DD Urdu, en urdú
- DD North East, canle en asamés, inglés e outras linguas do nordeste da India
- DD Oriya, canle en oriya
- DD Podhigai, canle en támil
- DD Punyabi, canle en punxabi
- DD Sahyadri, canle en marata
- DD Saptagiri, canle en telugu
- DD Gujarati, canle en guxarati
- DD Chandana, canle en kanarés
- DD Kashir, canle en caxemir
- DD Malayalam, canle en malayalam