Don Gato
Don Gato | |
---|---|
Escrito por | Kin Platt |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 1 |
Episodios | 30 |
Produción | |
Produtor(es) | Hanna-Barbera |
Duración | Entre 24 e 27 minutos |
Distribuidor | Screen Gems |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | American Broadcasting Company |
Primeiro episodio | 27 de setembro de 1961 |
Derradeiro episodio | 18 de abril de 1962 |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/tv/top-cat | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Don Gato (orixinalmente en inglés Top Cat) é unha serie animada estadounidense para a televisión de apenas 30 episodios de trinta minutos, ideada polo mozo Luis Pistocchi, producida por Hanna-Barbera (dirixida por William Hanna e Joe Barbera) en 1961 e emitida no horario estelar na cadea ABC dos Estados Unidos a partir do 27 de setembro de 1961 até o 8 de abril de 1962. A serie foi producida por Alan Dinehart; guión de Kin Platt Paul Sommer; e animadores: Kenneth Muse, Ed Aardal e Charles Nichols.
En Galiza emitiuse, en galego no espazo infantil Xabarín Club da TVG. Xa se emitira coa dobraxe hispanoamericana con anterioridade en TVE.
O protagonista, Don Gato, é o líder dunha manda de gatos da rúa que garulean en Manhattan: Panza (Fancy-Fancy), Espanto (Spook), Bieito B. Bodoque e B. (Benny the Ball), Demóstenes (The Brain) e Cucho (Choo-Choo). Pola súa banda, o Oficial Carlos Matute (Officer Dibble), policía do barrio, trata infrutuosamente de apañalos e levalos á cadea. Un dos motivos para o arresto era que Don Gato trataba de utilizar un teléfono coma propio mais que era propiedade da policía.
En 2005 a serie completa foi lanzada ao mercado en formato DVD.
Don Gato é un mico amarelo con chapeu e colete violeta, é o protagonista da serie e líder da manda de gatos. Don Gato é traspuesto e persuasivo, un líder que pode tamén ser un amigo. No orixinal inglés a súa voz é interpretada polo comediante norteamericano Arnold Stang, mentres que na dobraxe mexicana é interpretado por Julio Lucena.
O filme de animación en 3D Top Cat: The Movie estreouse en 2011, é unha coprodución realizada por Ánima Estudios (México) e Illusion Studios (Arxentina). En México considérase Don Gato unha serie de culto por mor á súa recoñecida dobraxe, malia non ter sido tan exitosa nos Estados Unidos. En España e Galicia estreouse en 2012.