Saltar ao contido

Guadalupe, Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGuadalupe, Francia
Guadeloupe (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 16°15′34″N 61°33′38″O / 16.2595, -61.5605
EstadoFrancia Editar o valor en Wikidata
CapitalBasse-Terre Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación384.315 (2021) Editar o valor en Wikidata (236,07 hab./km²)
Lingua usadalingua francesa
Crioulo de Guadalupe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.628 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoLa Grande Soufrière (pt) Traducir (1.467 m) Editar o valor en Wikidata
Creación21 de marzo de 1946 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAry Chalus (pt) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Moedaeuro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gp Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+590 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísGP Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2FR-971, FR-GP e FR-GUA Editar o valor en Wikidata
Código NUTSFRA1 Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE971 Editar o valor en Wikidata
INSEE region code (en) Traducir01 Editar o valor en Wikidata

Facebook: RegionGuadeloupe Twitter: CRGuadeloupe Instagram: regionguadeloupe LinkedIn: region-guadeloupe Youtube: UCvgAUedCpWtB_0Z3pUI7_og BNE: XX451767 Editar o valor en Wikidata

Guadalupe (en francés Guadeloupe) (palabra derivada do árabe Wad al luben que significa "río escondido") é un pequeno arquipélago das Antillas, no mar Caribe, e que actualmente é un departamento de ultramar de Francia. Atópase a 600 km ao norte das costas de América do Sur e ao sueste da República Dominicana. Antigamente chamábase Karukera, que significaba "a illa das belas augas". Foi descuberta por Cristovo Colón dándolle o seu actual nome en honra da Virxe Santa María de Guadalupe, orixinaria de Estremadura. Popularmente, na cultura crioula chámase Gwada.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situado a 16°17′ de latitude Norte e 61°29′ de lonxitude Oeste, o Departamento de Guadalupe é un grupo insular das Pequenas Antillas. Como xa se dixo, as illas reciben o seu nome tras a chegada a elas de Cristovo Colón na súa segunda viaxe. Tras a longa viaxe cruzando o océano Atlántico a expedición chegou á Désirade dándolle ese nome debido ao desexo por pisar terra firme dos mariñeiros.

O arquipélago de Guadelupe está formado polas illas seguintes:

  • A Guadelupe propiamente dita que está composta por dúas illas distintas, separadas por un estreito brazo de mar, chamado a Rivière Salée, pero conectadas entre elas por dúas pontes. Estas dúas illas son a Basse-Terre (848 km²), a máis grande e montañosa das dúas que é de orixe volcánica e cuxo punto máis alto é o volcán en activo a Soufrière (1467 m) e a segunda, a Grande-Terre (588 km²), de substrato calcáreo, composta por unha chaira árida dentada de costas rochosas e salvaxes. É na costa sur da Grande-Terre onde se sitúan a maioría de centros turísticos, con praias de area branca e arrecifes coralinos. Esta zona coñécese como a Riviera.
  • La Désirade.
  • Marie-Galante.
  • Les Saintes: 9 illotes, 2 deles habitados, Terre-de-Haut e Terre-de-Bas.
  • Petite Terre.

A Illa de San Bartolomeu, ademais da parte norte da illa de Saint-Martin, dependían administrativamente de Guadalupe, a cal sepárase para converterse en Colectividade Territorial en febreiro de 2007. Están situadas máis ao nordés e separadas do resto de Guadalupe por Saint Kitts e Nevis, Montserrat e Antiga e Barbuda.

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]

Organización político-administrativa

[editar | editar a fonte]

Guadalupe é ao mesmo tempo unha rexión administrativa e un departamento de ultramar da República Francesa cuxa prefectura é Basse-Terre e cuxas sub-prefecturas son Pointe-à-Pitre, Saint-Martin e Saint-Barthélemy. Como tal, é unha rexión ultraperiférica da Unión Europea. Está representada por catro deputados na Asemblea Nacional de Francia, e tres senadores no Senado.

En 2003 propúxose a fusión das institucións rexionais e departamentais nun novo modo de orgranización. Esta proposición foi rexeitada por referendo. Con todo, as illas de Saint-Barthélemy e de Saint-Martin aceptaron a reforma, que propuña facer de cada unha delas unha colectividade territorial distinta de Guadaloupe. Estas dúas illas non estarán máis unidas a Guadaloupe cando a reforma póñase en funcionamento, a cal fíxose efectiva o 22 de febreiro do 2007.

Existen varios partidos políticos, Guadeloupe Unie Socialisme and Réalités, Federación Guadalupana do Partido Socialista, Federación Guadalupana polo encontro da República, Federación Guadalupana pola Unión pola Democracia Francesa, Partido Comunista Guadalupano, Partido Democrático Guadalupano, Unión Popular pola Liberación da Guadalupe e a Alianza Revolucionaria Caribe, sendo os tres últimos mencionados os que claman pola independencia da illa.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación de Guadalupe entre 1961 e 2003.

A poboación de Guadalupe, amplamente mestizada, é o produto do encontro dos amerindios, europeos, africanos e hindús, que xuntos elaboraron no curso do tempo unha cultura chamada crioula.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía da Guadalupe depende do turismo e da agricultura principalmente. O seu PIB por habitante equivale á metade do de Francia metropolitana. Por iso Guadalupe benefíciase dos fondos estruturais que outorga a Unión Europea ás zonas económicas menos favorecidas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]