Saltar ao contido

David Cronenberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Cronenberg

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) David Paul Cronenberg Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Toronto (Canadá) Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes
1999 – 1999
← Martin ScorseseLuc Besson → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Toronto
Harbord Collegiate Institute (en) Traducir
North Toronto Collegiate Institute Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, actor de televisión, realizador, guionista, actor de cinema, produtor de cinema, montador, actor, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoCinema de terror, science fiction horror film (en) Traducir, filme de suspense, cinema de suspense psicolóxico, cinema de terror psicolóxico, cinema de ciencia ficción, cinema dramático, filme de misterio, filme de fantasía e body horror film (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMargaret Hindson (1972–1979)
Carolyn Zeifman Editar o valor en Wikidata
FillosCassandra Cronenberg
 () Margaret Hindson
Brandon Cronenberg
 () Carolyn Zeifman
Caitlin Cronenberg
 () Carolyn Zeifman Editar o valor en Wikidata
PaisMilton Cronenberg Editar o valor en Wikidata  e Esther Cronenberg Editar o valor en Wikidata
IrmánsDenise Cronenberg Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000343 Allocine: 1033 Allmovie: p86249 TCM: 0000343 TV.com: people/david-cronenberg
BNE: XX1265976 Discogs: 3201515 Editar o valor en Wikidata

David Paul Cronenberg, nado en Toronto o 15 de marzo de 1943, é un actor e director de cine canadense. É un dos principais creadores do que se denomina "horror corporal", que explora os medos humanos ante a transformación corporal e a infección. Nas súas películas, o psicolóxico é tipicamente mesturado co físico. Na primeira metade da súa carreira explorou estes temas principalmente a través do terror e a ciencia ficción, aínda que co tempo foise afastando destes xéneros.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia lituana e xudía en Toronto. O seu pai era xornalista e a súa nai pianista. Asistiu ó Harbord Collegiate Institute na súa mocidade e logo graduouse en literatura na Universidade de Toronto. Citou a William S. Burroughs e Vladimir Nabokov como as súas maiores influencias.

Despois de dous sketches e dúas curtametraxes de art cinema (Stereo, en branco e negro, e Crimes of the Future, en cor), Cronenberg asociouse con Ivan Reitman. O goberno canadense financiou as películas de Cronenberg durante os anos 70. Cronenberg alternou as súas orixinais películas de horror corporal, como Viñeron de dentro de..., con proxectos que reflectían o seu interese nas carreiras de autos e as pandillas de motociclistas. Rabia explotou o insospeitado talento na actuación da estrela porno Marilyn Chambers (a primeira elección de Cronenberg fora unha descoñecida moza chamada Sissy Spacek). Rabia foi unha revelación coa distribución internacional e as súas dúas seguintes películas de terror gañaron un apoio máis sólido.

Durante a súa carreira, as películas de Cronenberg seguiron unha progresión definida, un movemento do mundo social á vida interior. Nas súas primeiras películas, científicos modificaban corpos humanos, o que daba lugar a unha anarquía social (como Viñeron de dentro de... ou A rabia). No seu período intermedio, o caos causado polo científico é máis persoal, (The Brood, Scanners, Videodrome). No período máis recente é o científico o que é alterado polo seu experimento (como o remake de A mosca). Este período conclúe con Dead Ringers - presumiblemente a súa mellor obra - na que un par de xinecólogos xemelgos se internan na codependencia e a adicción ás drogas. As súas películas máis recentes tenden máis cara ao psicolóxico, decotío contrastando con realidades subxectivas e obxectivas (eXistenZ, M. Butterfly, Spider).

Cronenberg dixo que as súas películas deberían ser vistas "desde o punto de vista da enfermidade" o que identifica cos personaxes en Shivers logo de seren infectados cos parasitos anárquicos. Esta perspectiva está ilustrada en A mosca cando o heroe descobre que foi xeneticamente fusionado cun insecto. En vez de dicir "O meu telepod descompúxose", di "O meu telepod transformouse nun empalmador xenético". Enfermidade e desastre, no traballo de Cronenberg, son mellores problemas con que pelexar que os axentes de transformación persoal. Similarmente, en Crash (1996), a xente que resultou ferida en accidentes de circulación trata de ver o seu calvario como "un fertilizante en vez dun evento destrutivo". En 2006, Cronenberg manifestou que estaba molesto con Paul Haggis por elixir o mesmo nome para a súa galardoada película Crash, sentindo que non só era eticamente incorrecto, senón tamén irritante.

Á parte de The Dead Zone (1983) e A mosca (1986), Cronenberg non traballou dentro do mundo do cine comercial e de alto presuposto de Hollywood, aínda que tivo acercamentos ocasionais. Nalgún momento foi considerado por George Lucas como un posible director para a película O retorno do Jedi, pero foi desestimado. Cronenberg tamén traballou durante case un ano nunha versión de Total Recall, pero experimentou "diferenzas creativas" cos produtores Dino de Laurentiis e Ronald Shusett. Unha versión diferente da película foi finalmente realizada por Paul Verhoeven. A finais dos 90 anunciouse a Cronenberg como director dunha secuela doutra película de Verhoeven, Instinto básico, pero isto tamén fracasou. O seu traballo recente, o thriller A History of Violence (2005), é un dos de máis alto presuposto e máis masivo ata a data. Dixo que a decisión de dirixila foi influenciada por ter que aprazar o seu salario na cinta de baixo presuposto Spider, malia ser unha das súas películas máis aclamadas pola crítica.

Cronenberg contratou a Howard Shore para compor a banda sonora na maioría das súas películas. Outros colaboradores regulares son o actor Robert Silverman, o director de arte Carol Spier, o editor de son Bryan Day, o editor Ronald Sanders, a súa irmá, a deseñadora de vestiario Denise Cronenberg, e, entre 1979 e 1988, o director de fotografía Mark Irwin.

Desde Dead Ringers (1988), Cronenberg traballou co director de fotografía Peter Suschitzky en cada unha das súas películas. Suschitzky foi tamén o director de fotografía de O imperio contraataca, e Cronenberg ten dito que o traballo de Suschitzky nesa película fixo que sexa a máis fermosa película de ciencia ficción que vira, o que foi un factor que o motivou a traballar con el en Dead Ringers.

Asociado coa lealdade que amosa ós seus colaboradores clave, Cronenberg segue a ser un cineasta canadense incondicional, con case tódalas súas películas -incluíndo as grandes de estudio The Dead Zone e A mosca- filmadas na súa provincia natal de Ontario (excepcións notables inclúen M. Butterfly e Spider, maiormente filmadas na China e Inglaterra respectivamente). Ademais, Rabia foi filmada nos arredores de Montreal). A maioría das súas películas foron polo menos parcialmente financiadas por Telefilm Canada, e Cronenberg é un partidario dos proxectos fílmicos apoiados polos gobernos, dicindo "cada país necesita un sistema de fondos gobernamentais coa fin de ter un cine nacional fronte a Hollywood."

Como actor

[editar | editar a fonte]

Cronenberg tamén apareceu como actor en películas doutros directores. A maioría dos seus papeis son cameos, como en Into The Night, Todo por un soño, e Alias, pero nalgunha ocasión interpretou papeis principais, como en Nightbreed ou Last Night. Non interpretou ningún papel principal nas súas películas; só fixo unha breve aparición como xinecólogo en A mosca; pódese escoitar fóra de cámara como un aparcador en Crash, e tamén pode ser visto fugazmente entre a multitude de obsesos sexuais en Viñeron de dentro de....

En 2002 foi nomeado Oficial da Orde do Canadá.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]