Darren Collison
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 23 de agosto de 1987 (37 anos) Rancho Cucamonga, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Etiwanda High School (en) Universidade de California, Os Ánxeles | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 76 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - 2019 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association, Baloncesto masculino da División I da NCAA e NBA G League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 7 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | New Orleans Pelicans | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | darrencollison.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Darren Michael Collison, nado o 23 de agosto de 1987 en Rancho Cucamonga (California), é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou dez tempadas na National Basketball Association (NBA). Xogou anteriormente na universidade para os UCLA Bruins.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Collison declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009 e foi seleccionado na 21ª posición polos New Orleans Hornets. Con Chris Paul fóra durante dous meses en dous momentos na tempada 2009-10 diferentes, Collison se converteu no base titular. O 30 de xaneiro de 2010, Collison conseguiu 18 asistencias, o récord dun xogador coma rookie nos Hornets, ademais de 17 puntos na vitoria contra os Memphis Grizzlies, que remataba a xeira de 11 vitorias consecutivas de Memphis na súa casa, por 113-111 na prórroga. O 8 de marzo de 2010, Collison superou a súa propia marca con 20 asistencias, xunto con 16 puntos, na vitoria por 135-131 contra os Golden State Warriors. Nun partido contra os Indiana Pacers, o 19 de febreiro de 2010, Collison converteuse no segundo rookie da tempada en conseguir un triplo-dobre, con 18 puntos, 13 rebotes e 12 asistencias. Rematou 4º na votación do Rookie do Ano da NBA, e acadou 18.8 puntos e 9.1 asistencias.
O 11 de agosto de 2010, os Hornets traspasaron a Collison e a James Posey aos Indiana Pacers nun traspaso entre catro equipos, no que se viron involucrados cinco xogadores.[1] O 12 de xullo de 2012, Collison e Dahntay Jones foron traspasados ós Dallas Mavericks a cambio de Ian Mahinmi.[2] Collison converteuse no base titular de Dallas tras a marcha de Jason Kidd coma axente libre. O 10 de xullo de 2013, Collison asinou cos Los Angeles Clippers.[3] O 12 de xullo de 2014, Collison asinou cos Sacramento Kings.[4]
O 28 de xuño de 2019, anunciou a súa retirada da NBA.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pacers get Collison from Hornets in 4-team trade". NBA.com. 11 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2010.
- ↑ It's Official: Pacers Trade Mahinmi for Collison, Jones
- ↑ "Clippers sign Matt Barnes, Darren Collison, Ryan Hollins and Chris Paul". NBA.com. Consultado o 10 de xullo de 2013.
- ↑ "Kings Sign Darren Collison". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 12 de xullo de 2014. Consultado o 12 de xullo de 2014.
- ↑ "Darren Collison: ‘I have decided to retire from the NBA’". TheUndefeated.com. 28 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2020. Consultado o 28 de xuño de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 04 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1987
- Nados no condado de San Bernardino
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos New Orleans Hornets
- Xogadores dos New Orleans Hornets
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Sacramento Kings