Damien Hirst
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1965 (59 anos) Bristol, Reino Unido |
Grupo étnico | Pobo inglés |
Educación | Leeds Arts University (en) Winkler Prins (en) Goldsmiths, Universidade de Londres Allerton Grange School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura e Instalación |
Lugar de traballo | Londres (1984–2009) Leeds (1983–1984) Berlín |
Ocupación | gastrónomo, director de cinema, gravador, artista de instalacións, artista de assemblage, artista visual, escultor, ilustrador, pintor, artista conceptual, artista |
Período de actividade | 1980 - 2016 |
Membro de | |
Xénero artístico | Assemblage e Vanitas |
Movemento | Young British Artists (en) |
Profesores | Michael Craig-Martin (pt) |
Representante | White Cube (en) e Artists Rights Society |
Mecenas | Charles Saatchi (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Lentapedia UbuWeb Obálky knih, |
Sitio web | damienhirst.com |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Damien Hirst, nado en Bristol (Reino Unido) o 7 de xuño de 1965, é un artista británico pertencente ao grupo chamado Young British Artists («novos artistas británicos», ou YBAs polas súas siglas en inglés). É unha figura protagonista na escena da arte en Inglaterra dende comezos da década de 1990 e é internacionalmente coñecido como o artista vivo coa obra mellor pagada.
Obra
[editar | editar a fonte]A morte é o tema central do seu traballo. É coñecido sobre todo polas súas series de Historia natural (Natural history), nas cales, animais mortos (como quenllas, ovellas ou vacas) son preservados, ás veces diseccionados, en formol. Un dos seus traballos máis icónicos é A imposibilidade física da morte na mente de algo vivo (The Physsical Impossibility of Death in the Mind of Someone Living). Trátase dunha quenlla tigre de 14 pés de longo inmersa nunha vitrina de formol. Debido á descomposición do animal, foi substituído por un novo exemplar no 2006. A súa venda por dez millóns de dólares no 2004 fixo de el o segundo artista vivo máis caro, despois de Jasper Johns.
En xuño do 2007, Hirst logrou superar a Jasper neste apartado coa venda de Cofre de medicinas (Medicine Chest), na exposición Lullaby Spring, por nove millóns seiscentas cincuenta mil libras esterlinas, na casa de poxas Sotheby's en Londres. O 30 de agosto do 2007, Hirst superou a súa anterior venda de Lullaby Spring co seu traballo Polo amor de Deus (For the Love of God), unha caveira humana auténtica, toda ela incrustada de diamantes, 8.601 en total, que alcanzou os cincuenta millóns de libras esterlinas (74 millóns de euros), pagados por un grupo investidor descoñecido (posteriormente, descubriuse que o propio Hirst, o seu representante e un dos seus galeristas pertencían ao consorcio). Outra gran venda foi a conseguida por O becerro de ouro (The golden calf), pola que obtivo en Sotheby's 10,34 millóns de libras (uns 14 millóns de euros). Calcúlaselle unha fortuna superior aos mil millóns de dólares, sendo máis rico que outros coñecidos magnates británicos como Mick Jagger ou Elton John.
Tamén é coñecido polas súas pinturas xigantes (spin paintings), feitas nunha superficie circular xiratoria, e polas súas pinturas de puntos (spot painting), consistentes en filas de círculos coloreados ao chou; estas obras foron moi imitadas en gráficos comerciais.