Cynthia Erivo
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1987 (37 anos) Stockwell, Reino Unido (en) |
Educación | Royal Academy of Dramatic Art - Actuación (–2010) Universidade de East London La Retraite Roman Catholic Girls' School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | cantante, actriz de teatro, actriz de cinema, actriz, compositora de cancións |
Período de actividade | 2011 - |
Xénero artístico | Rhythm and blues e musical |
Instrumento | Voz |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Sitio web | cynthiaerivo.net |
|
Cynthia Erivo, nada en Stockwell o 8 de xaneiro de 1987, é unha actriz, cantante e compositora inglesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Erivo naceu de pais nixerianos en Stockwell, no sur de Londres.[1] A súa nai é enfermeira.[2] Erivo comezou un grao en psicoloxía musical na University of East London; con todo, tralo primeiro ano da carreira, presentouse[3] e posteriormente formouse na [Royal Academy of Dramatic Art|Real Academia de Arte Dramática]].[4]
Erivo comezou a actuar nunha produción teatral de 2011 de The Umbrellas of Cherbourg. Obtivo recoñecemento por protagonizar a reestrea en Broadway de The Color Purple[5] de 2015 a 2017, polo que gañou o premio Tony de 2016 á mellor actriz nun musical e o premio Grammy ao mellor álbum de teatro musical. Erivo aventurouse no cinema en 2018, interpretando papeis no filme de atracos Widows[6] e no suspense Bad Times at the El Royale.[7] Pola súa interpretación da abolicionista estadounidense Harriet Tubman no filme biográfico Harriet (2019),[8] Erivo recibiu unha candidatura ao Óscar á mellor actriz; tamén escribiu e interpretou a canción "Stand Up" na súa banda sonora, o que lle valeu unha candidatura tamén na categoría de mellor canción.[9]
Na televisión, Erivo tivo o seu primeiro papel na serie británica Chewing Gum (2015). Protagonizou a miniserie criminal The Outsider[10] (2020) e recibiu unha candidatura aos premios Emmy pola súa interpretación da cantante estadounidense Aretha Franklin na serie antolóxica de National Geographic Genius: Aretha (2021).[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wolf, Matt (17 de xullo de 2013). "A Star Is Born! Meet Cynthia Erivo, Who Plays Celie in John Doyle's London Premiere of The Color Purple". Theatre.com. Consultado o 19 de xuño de 2016.
- ↑ "Cynthia Erivo Reveals How She Accessed Sadness to Portray Harriet Tubman". O, The Oprah Magazine. 28 de outubro de 2019. Consultado o 16 de agosto de 2020.
- ↑ John, Emma (27 de xullo de 2015). "Move over Whoopi! How Cynthia Erivo made The Color Purple her own". The Guardian. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ Bosanquet, Theo (19 de novembro de 2014). "Leading Ladies: Cynthia Erivo 'I want to do everything'". What's On Stage. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ "The Color Purple: Cynthia Erivo wows critics in Broadway debut". BBC News. 11 de decembro de 2015. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ Jones, Nate (30 de outubro de 2019). "Cynthia Erivo Answers Every Question We Have About 'Widows'". Vulture. Consultado o 16 de agosto de 2020.
- ↑ Marotta, Jenna (24 de setembro de 2018). "'Bad Times at El Royale' Debut Draws Dakota Johnson, Jeff Bridges, Jon Hamm". The Hollywood Reporter. Consultado o 16 de agosto de 2020.
- ↑ N'Duka, Amanda (8 de febreiro de 2017). "Cynthia Erivo To Star As Harriet Tubman In Upcoming 'Harriet' Biopic". Deadline Hollywood. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ Abad-Santos, Alex; Wilkinson, Alissa (13 de xaneiro de 2020). "Oscars 2020: the full list of nominees". Vox. Consultado o 16 de agosto de 2020.
- ↑ Petski, Denise (25 de xaneiro de 2019). "'The Outsider': Cynthia Erivo, Bill Camp, Mare Winningham, Paddy Considine, Julianne Nicholson Among 10 Cast In HBO Drama Series". Deadline Hollywood. Consultado o 28 de xaneiro de 2019.
- ↑ Braxton, Greg (17 de marzo de 2021). "Cynthia Erivo is no stranger to 'tectonic' roles. And 'Aretha' may be her greatest yet". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2021. Consultado o 25 March 2021.