Saltar ao contido

Cumio (topografía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O monte Damavand no inverno (Irán).

Un cume, cumio, bico, cima, cúspide ou pico[1] é, en topografía, un punto dunha superficie que é máis elevado en altitude que todos os puntos inmediatamente adxacentes a el.[2]

Xeralmente, este termo só é empregado para os picos montañosos que posúen un grao significativo de prominencia topográfica ou singularidade topográfica (gran distancia ao momento máis próximo de maior elevación); así, un bloque rochoso próximo á cima principal dunha montaña non é considerado un cumio.

Subcumios ou cumios secundarios

[editar | editar a fonte]

Os cumios próximos a outro máis alto, con menor prominencia ou illados, que non alcanzan un determinado valor límite, normalmente son considerados subcumios (tamén chamados subcima, subcumes ou subpicos) ou cumios secundarios do pico principal e, por tanto, parte da mesma montaña.

En italiano chámase tamén sottocima ("subcumio"), vetta secondaria ("cima secundaria"), spalla ("lombo"); no inglés, subpeak ("subpico") o secondary summit ("cumio secundaria"); no francés, antécime; no alemán, Vorgipfel.

Partindo do concepto de prominencia topográfica, a UIAA definiu que unha elevación se chama montaña se ten unha prominencia de polo menos 300 metros; chámase cima se ten unha prominencia de polo menos 30 metros; nos casos en que haxa unha prominencia menor fálase de subcumio, subcima, lombo etc.

Pode expresarse graficamente na seguinte táboa:

Término Prominencia
Subcumio (subcima, subcume, lombo, etc.) < 30 m
Cima de 30 a 300 m
Montaña 300 m o máis

Desta definición temos excepcións como o Mont Blanc de Courmayeur (4.765 m) que tendo unha prominencia topográfica de só 27 metros e separado do cumio do Mont Blanc polo Colle Major (4.742 m), pola súa importancia histórica, morfolóxica e alpinística, está incluída dentro dos catromiles dos Alpes.

O Cervino, visto dende o Sur. Á esquerda da fotografía pode verse o seu subcumio, o Pico Tyndall.

Formas de cima

[editar | editar a fonte]

Un pico piramidal (horn) é un cumio montañoso con forma puntiaguda producida pola erosión do xeo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cume.
  2. "Cume, Cumio". academia.gal. Consultado o 30 de xaneiro de 2021.