Coyoacán
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Entidade federativa | Cidade de México | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 614.447 (2020) (11.294,98 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 54,4 km² | ||||
Altitude | 2.256 m-2.253 m | ||||
Creación | 1928 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 04000–04980 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | coyoacan.cdmx.gob.mx |
Coyoacán é unha das 16 delegacións da Cidade de México e atópase no centro xeográfico deste. O seu territorio abrangue máis de 54 quilómetros cadrados, e está localizado sobre a chaira do val de México. A parte máis alta corresponde ó cerro Zacatépetl, no suroeste da delegación, onde tamén se atopa a zona de Los Pedregales. Todo o territorio coyoacanense está urbanizado. Dentro del atópanse importantes zonas verdes como a Cidade Universitaria e os viveiros de Coyoacán.
Na época precolombiana, unha parte do territorio coyoacanense estaba baixo o lago de Texcoco e Xochimilco. Durante o Preclásico Medio desenvolvéronse na zona algunhas aldeas agrícolas, entre as que destaca Copilco polos testemuños dos costumes funerarios da época.
No momento da chegada dos españois, Coyoacán formaba parte da esfera de influencia de Tenochtitlán. Despois da Conquista, estableceuse alí o primeiro concello e sede do goberno do Vicerreinado de Nova España.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coyoacán |