Saltar ao contido

Copa da WSE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCopa da WSE
Imaxe
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
OrganizadorCERH Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1980 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaoutubroxuño Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoIgualada HC (1º)
(2024)
Editar o valor en Wikidata

A Copa da WSE (ata 2018 denominada Copa CERS)[1] é a segunda competición en importancia no hóckey a patíns europeo. Creada en 1980, funcionou como a terceira competición europea ata a remodelación das competicións no ano 1997, cando se fusionaron a Copa de Europa e a Recopa, pasando a ser dende entón a Copa CERS a segunda competición europea en importancia. Está organizada pola CERH (Comité Européen de Rink-Hockey), o máximo organismo do hóckey patíns europeo, con sede central en Lisboa (Portugal). A partir da tempada 2007-08 introduciuse o sistema de final a catro, máis coñecido como final-four.

Nunha fase inicial son inscritos o vencedor da Copa CERS do ano anterior (excepto se este se clasifica para a Copa de Europa) e tres clubs por país (os 3º, 4º e 5º no campionato nacional - ou mesmo o 6º clasificado, no caso de que un dos cinco primeiros sexa o vencedor da Copa, o que lle dá unha praza na Liga dos Campións). Se houbera máis de 12 clubs inscritos, deverá realizarse unha fase previa; logo, aos 12 restantes únenselles catro dos clubs afastados na fase previa da Liga de Campións (aqueles que estiveran mellor posicionados na clasificación da CERH), constituíndo o grupo de 16 que xogará os oitavos de final.

O campión do título e os tres clubs con mellor clasificación na clasificación son cabezas de serie no sorteo, que é condicionado de modo que dous equipos do mesmo país non poidan xogar un contra o outro. A partir dos quartos de final o sorteo é puro, sen condicionantes de ningún tipo. Todas as eliminatorias, incluíndo a final, son xogadas a dúas voltas.

Historial

[editar | editar a fonte]

En letra grosa os resultados do equipo campión.

Edición Tempada Campión Subcampión Resultado
I 1980-81 Portugal GD Sesimbra Países Baixos Lichstadt 4-1 / 0-2
II 1981-82 Galicia H.C. Liceo Italia HC Monza 12-4 / 6-8
III 1982-83 Italia HC Amatori Vercelli Italia AFP Giovinazzo 6-4 / 2-7
IV 1983-84 Portugal Sporting CP Lisboa Italia Hockey Novara 1-4 / 11-3
V 1984-85 Italia Hockey Novara Cataluña Cerdanyola CH 4-4 / 7-4
VI 1985-86 Cataluña CP Tordera Italia Roller Bassano 6-6 / 11-4
VII 1986-87 Italia Amatori Lodi Cataluña CE Noia 7-5 / 6-3
VIII 1987-88 Italia HC Amatori Vercelli Portugal CD Paço d'Arcos 4-3 / 4-1
IX 1988-89 Italia HC Monza Cataluña Igualada HC 13-4 / 5-4
X 1989-90 Italia Seregno Cataluña FC Barcelona 3-3 / 6-7
XI 1990-91 Portugal SL Benfica Cataluña Reus Deportiu 6-4 / 10-3
XII 1991-92 Italia Hockey Novara Cataluña Igualada HC 4-2 / 4-1
XIII 1992-93 Italia Hockey Novara Italia Thiene 8-2 / 3-6
XIV 1993-94 Portugal FC Porto Cataluña CP Vic 5-2 / 7-1
XV 1994-95 Portugal OC Barcelos Cataluña CP Tordera 6-4 / 6-0
XVI 1995-96 Portugal FC Porto Cataluña CP Tordera 3-0 / 1-7
XVII 1996-97 Portugal UD Oliveirense Portugal ACR Gulpilhares 3-2 / 3-5
XVIII 1997-98 Cataluña CE Noia Portugal CD Paço d'Arcos 5-2 / 4-2
XIX 1998-99 Galicia H.C. Liceo Portugal OC Barcelos 7-4 / 5-0
XX 1999-00 Portugal CD Paço d'Arcos Cataluña CP Voltregà 8-2 / 2-3
XXI 2000-01 Cataluña CP Vic Cataluña CE Noia 4-4 / 3-5
XXII 2001-02 Cataluña CP Voltregà Portugal FC Porto 5-3 / 5-2
XXIII 2002-03 Cataluña Reus Deportiu Cataluña Lleida Llista Blava 3-2 / 5-0
XXIV 2003-04 Cataluña Reus Deportiu Italia Bassano Hockey 54 4-0 / 1-0
XXV 2004-05 Italia AP Follonica Hockey Italia Bassano Hockey 54 0-4 / 4-4
XXVI 2005-06 Cataluña FC Barcelona Cataluña C.P. Vilanova 3-1 / 0-2
XXVII 2006-07 Cataluña C.P. Vilanova Portugal Candelária Sport Clube 1-1 / 4-2
XXVIII 2007-08 España Club Patín Tenerife Italia Hockey Valdagno 4-4 (penaltis 2-1)
XXIX 2008-09 Cataluña CH Mataró Cataluña C.H. Lloret 2-1
XXX 2009-10 Galicia H.C. Liceo Cataluña Blanes HC 7-2
XXXI 2010-11 Portugal SL Benfica Cataluña C.P. Vilanova 6-4
XXXII 2011-12 Italia Bassano Hockey 54 Portugal H.C. Braga 5-3
XXXIII 2012-13 Cataluña C.E. Vendrell Cataluña CP Vic 3-2
XXXIV 2013-14 Cataluña C.E. Noia Italia Hockey Breganze 4-3
XXXV 2014-15 Portugal Sporting CP Lisboa Cataluña Reus Deportiu 2-2 (penaltis 2-1)
XXXVI 2015-16 Portugal OC Barcelos España CP Vilafranca 6-3
XXXVII 2016-17 Portugal OC Barcelos Italia CGC Viareggio 4-2
XXXVIII 2017-18 Cataluña Lleida Llista Blava Portugal OC Barcelos 2-2 (penaltis 1-0)
XXXIX 2018-19 Cataluña Lleida Llista Blava Italia Hockey Sarzana 6-3
XL 2019-20 Abandonado (debido á pandemia COVID-19 en Europa).
XLI 2020-21 Cataluña Lleida Llista Blava Italia Hockey Sarzana 5-3
XLII 2021-22 Cataluña C.P. Calafell Italia AP Follonica Hockey 6-5
XLIII 2022-23 Cataluña CP Voltregà Portugal H.C. Braga 5-4

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Equipo Campionatos gañados
Galicia H.C. Liceo 3 (1981-82, 1998-99, 2009-10)
Italia Hockey Novara 3 (1984-85, 1991-92, 1992-93)
Portugal OC Barcelos 3 (1994-95, 2015-16, 2016-17)
Cataluña Lleida Llista Blava 3 (2017-18, 2018-19, 2020-21)
Italia HC Amatori Vercelli 2 (1982-83, 1987-88)
Portugal SL Benfica 2 (1990-91, 2010-11)
Portugal FC Porto 2 (1993-94, 1995-96)
Cataluña Reus Deportiu 2 (2002-03, 2003-04)
Cataluña CE Noia 2 (1997-98, 2013-14)
Portugal Sporting CP 2 (1983-84, 2014-15)
Cataluña CP Voltregà 2 (2001-02, 2022-23)
Portugal GD Sesimbra 1 (1980-81)
Cataluña CP Tordera 1 (1985-86)
Italia Amatori Lodi 1 (1986-87)
Italia HC Monza 1 (1988-89)
Italia Seregno Hockey 1 (1989-90)
Portugal UD Oliveirense 1 (1996-97)
Portugal CD Paço d'Arcos 1 (1999-00)
Cataluña CP Vic 1 (2000-01)
Italia AP Follonica Hockey 1 (2004-05)
Cataluña FC Barcelona 1 (2005-06)
Cataluña C.P. Vilanova 1 (2006-07)
España Club Patín Tenerife 1 (2007-08)
Cataluña CH Mataró 1 (2008-09)
Italia Bassano Hockey 54 1 (2011-12)
Cataluña C.E. Vendrell 1 (2012-13)
Cataluña C.P. Calafell 1 (2021-22)
Total 42
  1. "Taça CERS passa a designar-se WS Europe Cup". zerozero.pt (en portugués). 27 de agosto de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]