Convair B-36 Peacemaker
B-35 Peacemaker | |
---|---|
Convair B-35 Peacemaker | |
Tipo | Bombardeiro |
Fabricante | Convair |
Primeiro voo | 8 de agosto de 1946 |
Introducido | 1948 |
Retirado | 12 de febreiro de 1959 |
Unidades construídas | 384 |
O Convair B-36 Peacemaker foi un bombardeiro estratéxico dos Estados Unidos, e o maior bombardeiro que tivo o exército dese país. O deseño comezou en 1941, o primeiro prototipo voóu en 1946 e o primeiro avión de produción foi entregado en 1947. Como único bombardeiro de longo alcance en servizo, o B-36 covertéuse no principal piar da disuasión nuclear dos Estados Unidos ata mediados dos anos 50, cando foi substituído polo B-52 Stratofortress. O último B-36 foi retirado do servizo en 1959.
Deseño
[editar | editar a fonte]O concepto do B-36 empezou coa proposta de Consolidated Aircraft para cumprir un requirimento da USAAC para un bombardeiro intercontinental. Se Gran Bretaña era invadida polos alemanás, os bombardeiros estadounidenses terían que alcanzar Europa directamente dende América. Aínda que isto nunca sucedeu, o B-36 foi considerado necesario para levar a guerra ao Xapón e o proxecto seguiu adiante.
O B-36 tomou forma como un avión con seis motores de inmensas proporcións: unha envergadura de 70m e unha lonxitude de 50. Os seis motores radiais Pratt & Whitney Wasp Major de 28 cilindros foron colocados nas grosas ás, propulsando (á metade de velocidade dos motores para manter as puntas subsónicas) inmensas hélices tripalas de 5 metros en configuración impulsora, para evitar que as turbulencias creadas pola hélice interferisen coa sustentación e aerodinámica das ás. A anchura destas (2,3 m) permitía ao enxeñeiro de voo acceder aos motores mentres o avión estaba no aire.
Coma no Boeing B-29 Superfortress, unha cuberta de voo presurizada e a cabina estaban unidas ao compartimento dos artilleiros traseiros por un túnel presurizado equipado cun carriño con rodas para pasar a través. A tripulación era de 15 persoas: piloto e copiloto, radar/bombardeiro, navegador, enxeñeiro de voo, dous operadores de radio e oito artilleiros (3 dianteros e 5 traseiros). Existían catro literas para descanso e relaxación, así como unha cociña no compartimento traseiro.
O armamento defensivo eran seis torretas con canóns retractables controladas por control remoto, unha torreta traseira e unha montaxe no morro, cada unha equipada con dous canóns de 20 mm. Este foi o armamento defensivo máis poderoso nunca montado por un bombardeiro. A máxima carga de bombas era de 33t, en catro xigantescas bodegas de bombas.
O primeiro prototipo tiña un tren de aterraxe cunha enorme roda sinxela de 2,8 m de diámetro, pero esta configuración restrinxía o avión a só tres aeroportos en todos os Estados Unidos que fosen o bastante resistentes como para soportar a presión sobre o chan e os avións de produción tiñan tren de aterraxe de catro rodas.