Condado de Treviño
Trebiñu (eu) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Burgos ![]() | ||||
Capital | Treviño (en) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.489 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 260,71 km² ![]() | ||||
Altitude | 552 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Ignacio Portilla Moraza (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 09215, 09216, 09217 e 09294 ![]() | ||||
Código INE | 09109 ![]() | ||||
Sitio web | condadodetreviño.es ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/95/Condado_de_Trevi%C3%B1o%2C_Spain_location.png/200px-Condado_de_Trevi%C3%B1o%2C_Spain_location.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7b/Mapa_Trevi%C3%B1o_en_Burgos.jpg/200px-Mapa_Trevi%C3%B1o_en_Burgos.jpg)
Condado de Treviño é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). Xunto co municipio de La Puebla de Arganzón forma o enclave de Treviño, situado dentro da provincia vasca de Áraba. A capital do municipio é a localidade de Treviño.
Historia
[editar | editar a fonte]Na entidade local menor de Laño aínda se poden ver as covas artificiais que foran habitadas por ermitáns hai uns mil quiñentos anos. O conxunto de Las Gobas conserva gravados de figuras de animais e inscricións.
A fundación oficial de Treviño tivo lugar en 1161 polo rei de Navarra Sancho VI o Sabio, mais en 1200 pasa a poder de Castela logo da vitoria obtida polo rei castelán Afonso VIII, durante a guerra sostida contra o monarca navarro, pasando a ser, desde ese momento, o Condado de Treviño unha parte máis de Castela ata hoxe.
Ao ficar nunha encrucillada de vías durante a Idade Media, desenvolveuse aquí unha próspera poboación xudía. Sáseta foi unha das aldeas que antes se desenvolveron, ao estar na entrada no Condado do "Camiño do Viño e o Peixe" (Camiño Real que comunicaba os vales do Ebro coa costa cantábrica).
O 8 de abril de 1366, Henrique II de Trastámara concedeu a Pedro Manrique, como pago polos servizos por el emprestados, a vila de Treviño de Uda, con todas as súas aldeas e termos, polo que a comarca pasa de ser zona de reguengo a zona de señorío. Un bisneto de Pedro, Diego Gómez Manrique, recibiu do rei Xoán II de Castela, en 1453, o título de conde de Treviño. Un fillo deste, Pedro Manrique de Lara, recibiu dos Reis Católicos o título de duque de Nájera, título que hoxe día ostentan aínda.
No século XVI, os condes de Treviño, que eran xa, desde 1593, duques de Nájera, construíron o seu pazo, na actualidade Casa do Concello da Vila.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/N1_Trebinu.jpg/220px-N1_Trebinu.jpg)
Política
[editar | editar a fonte]As eleccións de 2003 deron, no concello de Condado de Treviño, cinco concelleiros á Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño e catro ao Partido Popular. A Agrupación Electoral Independiente, favorábel a que o condado pase a depender administrativamente de Áraba, fíxose co goberno municipal.
As eleccións municipais de 2007 deron, no municipio de Condado de Treviño, catro concelleiros ao Partido Popular, tres concelleiros á Agrupación Electoral Indepiendente del Condado de Treviño, un para o PSOE e outro para ANV.
En 2011 EAJ/PNV e Bildu logran un concelleiro cada un sendo o único municipio non vasco nin navarro con representación de devanditos partidos nacionalistas.
Reivindicación territorial
[editar | editar a fonte]Desde hai ben anos, as forzas políticas presentes en Áraba reclaman e consideran este territorio como parte de Áraba. Celebrouse unha consulta e a maior parte da poboación, residente en Treviño, mostrouse a favor de solicitar un referendo ao respecto. A Deputación de Burgos e a Xunta de Castela e León, pola súa parte, opóñense a que o Condado deixe de formar parte de Burgos.
O Estatuto de Autonomía de Castela e León esixe, para que Treviño se incorpore a Áraba, un informe favorábel da provincia de Burgos e da Comunidade Autónoma de Castela e León, así como a aprobación polas Cortes Xerais mediante Lei Orgánica. O goberno e o parlamento vascos presentaron un recurso de inconstitucionalidade nos anos 80 contra o devandito Estatuto, que foi desestimado polo Tribunal Constitucional.
Mentres tanto o nacionalismo castelán reivindica a pertenza de Treviño a Burgos e a Castela e León, avogando por continuar coa situación actual.
Dáse a curiosa situación que desde hai varios lustros proliferaron no Condado moreas de urbanizacións de chalés en ringleira dada a proximidade da cidade de Vitoria, sendo a gran maioría dos residentes vitorianos que cambiaron o seu piso na capital do País Vasco por un chalé no Condado burgalés.
Entidades locais menores
[editar | editar a fonte]Outras localidades
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial do concello de Condado de Treviño (en castelán)
- Web oficial de turismo do concello Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)