Coleoideos
Coleoideos Coleoidea Rango fósil: carbonífero - actualidade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Loligo vulgaris | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Cohortes e Ordes | |||||||||||||||
|
A dos coleoideos (Coleoidea) é unha subclase de invertebrados protóstomos bilaterais, mariños, do filo dos moluscos e clase dos cefalópodos.[1]
Coñécense desde o carbonífero, foron moi abundantes no mesozoico, sobre todo no cretáceo, e hoxe en día a subclase agrupa a todos os cefalópodos vivos a excepción dos nautiloideos. Inclúe animais tan coñecidos como as luras, as sepias e os polbos.[2]
Características
[editar | editar a fonte]A diferenza dos nautiloideos, que posúen unha cuncha externa, os coleoideos teñen como moito unha cuncha interna que actúa como flotador e/ou soporte do corpo; algunhas especies carecen por completo de cuncha, e noutras está substituída por unha estrutura cartilaxinosa.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subclase foi descrita en 1888 polo xeólogo, paleontólogo e malacólogo británico Francis Arthur Bather.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Coleoidea está formado pola forma do latín científico cole-, tirada da voz do grego antigo κολεός koleós, 'estoxo', 'vaíña', co adición da desinencia -oidea, derivada do grego εἴδος eídos, 'aparencia', 'aspecto'. Literalmente, 'os que teñen forma de estoxo'.[3]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Subclase Coleoidea Bather, 1888
- Superorde Decabrachia Boettger, 1952
- Superorde Octobrachia Fioroni, 1981 [5]
- Orde Octopoda Leach, 1818
- Orde Vampyromorphida Pickford, 1939
Porén, os taxa Decabrachia e Octobrachia non son considerados válidos polo World Register of Marine Species, que os substitúe polos de Decapodiformes e Octopodiformes.[1]
Así, no WoRMS temos:
- Subclase Coleoidea Bather, 1888
- Superorde Decapodiformes Young, Vecchione & Donovan, 1998 [6]
- Superorde Octopodiformes Berthold & Engeser, 1987 [8]
- Orde Octopoda Leach, 1818
- Orde Vampyromorpha Robson, 1929
Outros autores, que inclúen tamén as ordes extintas, fan esta outra clasificación:
Subclase Coleoidea
- Cohorte Belemnoidea †
- Orde Aulacocerida †
- Orde Belemnitida †
- Orde Hematitida †
- Orde Phragmoteuthida †
- Cohorte Neocoleoidea (a maioría dos cefalópodos vivos)
- Superorde Decapodiformes
- Orde Boletzkyida †
- Orde Sepiida - sepias
- Orde Sepiolida
- Orde Spirulida
- Orde Teuthida - luras
- Superorde Octopodiformes
- Orde Octopoda - polbos
- Orde Vampyromorphida
- Superorde Decapodiformes
Evolución
[editar | editar a fonte]Os primeiros rexistros fósiles dos coleoideos datan do do mississipiense (carbonífero), hai máis de 330 millóns de anos. Describíronse algúns fósiles máis antigos, do Devoniano,[9] pero algúns deles son dubidosos, e os paleontólogos non están de acordo sobre se son coleoideos. Os grandes grupos de coleoideos baséanse na estrutura e o número de tentáculos. Os primitivos belemnoideos tiñan presumibelmente dez brazos iguais. As formas actuais modificaron ou perderon un par de tentáculos; así, os decapodiformes posúen un par de brazos modificados en longos tentáculos que teñen ventosas só na súa extremidade; os octopodiformes reduciron ou perderon por completo un par de tentáculos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Coleoidea no WoRMS.
- ↑ Coleoidea Bather, 1888 Arquivado 14 de maio de 2011 en Wayback Machine. en Tree of Life (en inglés).
- ↑ Coleoidea en wordnik.com
- ↑ Coleoidea Bather, 1888 no ITIS.
- ↑ Octobrachia Fioroni, 1981 no ITIS.
- ↑ Decapodiformes no WoRMS.
- ↑ nomen dubium, inclúe [Myopsida + Oegopsida], que non está demostrado que formen un clado.
- ↑ Octopodiformes no WoRMS.
- ↑ Bandel, Klaus; Reitner, J. & Sturmer, W. (1983): "Coleoids from the Lower Devonian Black Slate ("Hunsruck-Schiefer")". Neues Jahrbuch für Geologie und Paläontologie, Abhandlungen (Stuttgart) 165 (3): 397–417.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Coleoidea Bather, 1888 Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks Paleobiology Database