Clítoris
Clítoris | |
---|---|
A anatomía do clítoris | |
Gray's | pág.1266 |
Arteria | Arteria dorsal do clítoris |
Nervio(s) | Nervio dorsal do clítoris |
Precursor | Tubérculo xenital |
MeSH | Clítoris |
O clítoris é a parte eréctil do aparato sexual feminino, situado na parte superior dos labios menores da vulva. A súa función nos seres humanos é producir pracer sexual e orgasmos.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]Sobre o termo usado en galego clítoris hai varias teorías que o fan proceder do grego, ben de kleitys (outeiro ou aba), de kleitos (eminente, espléndido ou excelente) ou incluso de kleiein (pechar) ou de kleis (chave).[1] Tamén se relacionou coa palabra danesa keest (núcleo, centro).[1] Apareceu como termo anatómico no século I EC nos escritos de Rufo de Éfeso.[1]
Tanto en Oriente como en Occidente noméase con termos que o relacionan co pracer sexual e o erotismo.[2]
Orixe e estrutura
[editar | editar a fonte]Desde unha visión androcéntrica dos xenitais, o clítoris feminino é interpretado desde o século XVII como o equivalente ao pene masculino ao ser ambos os órganos eréctiles e unha vez que a equivalencia nas mulleres do pene deixou de considerarse a vaxina.[3] Embrioloxicamente proveñen tanto o clítoris como o pene do mesmo tecido fino.
O órgano fórmase fóra do corpo cavernoso, é un tecido capilar formado por máis de 8.000 terminacións nerviosas, que serven para a estimulación sexual da muller.
O tamaño medio do clítoris vai de 8 a 10 centímetros de longo e de 3 a 6 centímetros de largo. A parte exterior do clítoris, a glande clitoridiana, está parcial ou totalmente cuberta polo prepucio, e varía grandemente dende aqueles moi reducidos (que non sobresaen do prepucio) a outros moi saíntes, pero a maior parte do clítoris está oculto. A estimulación externa de todo o clítoris pode dar lugar a unha resposta sexual máis intensa. Unha explicación do orgasmo vaxinal é que resulta da estimulación do interior do clítoris durante a penetración sexual, e o pracer ligado ao sexo é un mecanismo evolutivo que favorece a reprodución.
Recoñecemento da súa existencia
[editar | editar a fonte]A literatura médica recoñeceu a existencia do clítoris no século XVI. No ano 1559 Realdo Colombo publicou De re anatomica,[4] no que describía o asento de pracer da muller. Gabriele Falloppio reclamou ser tamén o descubridor do clítoris.
Con todo, o médico grego Galeno en De Usu Partium xa o describía. Galeno consideraba que era de utilidade para incitar ao coito, aínda que cría que a súa función era protexer a vaxina comparándoo coa protección que a úvula dá á gorxa. O seu coñecemento non se restrinxía a Occidente, Avicena tamén fixo referencia a el. Por outra banda, no século I o fisiólogo grego Rufo descríbeo con detalle e tamén o fai Sorano de Éfeso no século II.[5]
Modificación do clítoris
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Ablación de clítoris.
A mutilación xenital feminina, ou ablación, consiste na extirpación total ou parcial da parte exterior do clítoris. Esta práctica é rexeitada en nome dos dereitos humanos e da protección do menor en case tódolos países, aínda que a práctica está viva en moitas sociedades tradicionais da África subsahariana e Asia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Blackledge, Catherine (2005). Historia de la vagina (en castelán). Barcelona: Península. p. 84. ISBN 84-8307-698-5.
- ↑ Blackledge, Catherine (2005). Historia de la vagina (en castelán). Barcelona: Península. p. 89. ISBN 84-8307-698-5.
- ↑ Blackledge, Catherine (2005). Historia de la vagina (en castelán). Barcelona: Península. p. 83. ISBN 84-8307-698-5.
- ↑ Magdala, Isabella (2019). Tu vagina habla (en Castelán). Urano. ISBN 978-84-16720-58-3.
- ↑ Blackledge, Catherine (2005). Historia de la vagina (en castelán). Barcelona: Península. p. 130 e 131. ISBN 84-8307-698-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns
[editar | editar a fonte]Chíos de Iria Veiga.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |