Nocello
Aparencia
Nocello | |
---|---|
Vista lateral dun nocello humano | |
Latín | articulatio talocruralis |
MeSH | Ankle+joint |
Na anatomía humana o nocello é unha articulación bicameral do membro inferior. Permite movementos de flexión-extensión e abdución-adución do pé. Tamén se denomina noelo, nortello e tornecelo.[1]
Superficies articulares da cámara proximal
[editar | editar a fonte]O escafoide e calcáneo non son superficies articulares pero neles insírense varios ligamentos do nocello. Trátase dunha articulación troclear.
Superficies articulares da cámara distal
[editar | editar a fonte]- Articulación astragalocalcanoide: entre astrágalo e calcáneo. É unha dobre artrodia morfolóxica e trocoide funcional.
- Articulación calcaneoastragaloescafoide: entre astrágalo e escafoide. Engadimos o calcáneo nesta articulación porque emite un cartigo importante para ela. Trátase dunha enartrose.
Ligamentos da articulación
[editar | editar a fonte]- Da cámara proximal:
- Ligamento lateral externo: composto por tres feixes.
- Ligamento peroneoastragalino anterior
- Ligamento peroneoastragalino posterior
- Ligamento peroneocalcáneo
- Ligamento lateral interno: composto por catro feixes.
- Ligamento deltoide ou superficial: contén tres feixes.
- Ligamento tibioastragalino anterior, posterior e tibiocalcáneo
- Ligamento fondo: por debaixo dos anteriores
- Ligamento tibioastragalino medio
- Ligamento deltoide ou superficial: contén tres feixes.
- Ligamento lateral externo: composto por tres feixes.
- Da cámara distal:
- Articulación astragalocalcanoide: un ligamento intrínseco: ligamento do seo do tarso e dous ligamentos extrínsecos: un posterior e outro interno.
- Articulación calcaneoastragalinoescafoide: ligamento clave e ligamento de reforzo superior.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Nocello.