O Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang é o centro de lanzamento de foguetes de China localizado máis ao sur. Desde el lánzanse entre eles os foguetes CZ-5 e CZ-7.[1]
O centro está localizado ao leste da illa de Hainan, na costa, ao contrario que os tres outros centros de lanzamento da China, situados no interior. A súa localización na costa reduce o risco de caída de etapas de foguetes en zonas poboadas e amplía o rango de acimut no que se poden facer lanzamentos, ademais de permitir a chegada ao centro de lanzamento de etapas de maior tamaño por barco, eliminando a restricción de tamaño imposta polos transportes por estrada ou ferrocarril. A súa localización cara ao sur permite poñer en órbita maiores cargas usando os mesmos foguetes.[1]