Cando ferve o sangue
Aparencia
Cando ferve o sangue | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Never So Few |
Director | John Sturges |
Produtor | Edmund Grainger |
Guión | Millard Kaufman |
Baseado en | Never So Few de Tom T. Chamales |
Intérpretes | Frank Sinatra Gina Lollobrigida Peter Lawford Steve McQueen |
Música | Hugo Friedhofer |
Fotografía | William H. Daniels |
Montaxe | Ferris Webster |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 7 de decembro de 1959 4 de agosto de 1989 (TVG) |
Duración | 124 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Bélico |
Orzamento | 3 480 000 dólares[1] |
Recadación | 5 270 000 dólares[1][2] |
Na rede | |
Cando ferve o sangue (en inglés: Never So Few) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por John Sturges. Está protagonizado por Frank Sinatra, Gina Lollobrigida, Peter Lawford, Steve McQueen, Richard Johnson, Paul Henreid, Brian Donlevy, Dean Jones, Charles Bronson e Philip Ahn, e conta con papeis sen acreditar de actores asiáticos como Mako Iwamatsu, George Takei e James Hong. O guión está vagamente baseado nos feitos reais do incidente OSS Detachment 101, que foi recollido na novela de Tom T. Chamales.[3] A personaxe interpretada por Sinatra, o capitán Tom Reynolds, baséase no oficial e despois shériff Meredith Rhule.[4][5]
Estreouse en galego o 4 de agosto de 1989 a través da TVG.[6]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Frank Sinatra como Capitán Reynolds
- Gina Lollobrigida como Carla Vesari
- Peter Lawford como Capitán Travis
- Steve McQueen como Ringa
- Richard Johnson como Capitán Danny De Mortimer
- Paul Henreid como Nikko Regas
- Brian Donlevy como General Sloan
- Dean Jones como Sarxento Jim Norby
- Charles Bronson como Sarxento John Danforth
- Philip Ahn como Nautaung
- Robert Bray como Coronel Fred Parkson
- James Hong (sen acreditar) como Xeneral Chao
- George Takei (sen acreditar) como soldado no hospital
- Kipp Hamilton como Margaret Fitch
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The Eddie Mannix Ledger". Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study (Os Ánxeles)..
- ↑ Domestic deals - "Rental Potentials of 1960", Variety, 4 de xaneiro de 1961 p 47.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2010.
- ↑ "Special Forces - Roll Of Honour". Specialforcesroh.com. Consultado o 21 de maio de 2013.
- ↑ "Michigan War sTudies Review : Barney Rosset" (PDF). Miwsr.com. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Programación da TVG". ABC. 4 de agosto de 1989. Consultado o 20 de decembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cando ferve o sangue na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)