Callas Forever
Callas Forever | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Callas Forever |
Director | Franco Zeffirelli |
Guión | Franco Zeffirelli Martin Sherman |
Intérpretes | Fanny Ardant Jeremy Irons |
Música | Alessio Vlad |
Fotografía | Ennio Guarnieri |
Montaxe | Sean Barton |
Estrea | 2002 |
Duración | 108 minutos |
Orixe | Italia Francia España Reino Unido Romanía |
Xénero | Biográfico |
Na rede | |
Callas Forever é un filme briográfico de 2002 dirixido por Franco Zeffirelli, quen tamén escribiu o guión xunto a Martin Sherman. É unha homenaxe á amiga de Zeffirelli, a aclamada diva da ópera Maria Callas, a quen el dirixiu nas óperas Norma, La traviata e Tosca.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Larry Kelly (Jeremy Irons) é un produtor musical que está en París por un gran concerto. Recibe unha chamada de Sarah Keller (Joan Plowright) instándoo a que vaia ver a súa antiga amiga, a diva da ópera Maria Callas (Fanny Ardant), que está recluída no seu piso de París, coa voz crebada e unha gran depresión pola morte de quen fora o grande amor da súa vida, o naviero grego Aristóteles Onassis. Larry Kelly, que ve moi desmellorada a súa amiga, tenta convencela para que rode unhas óperas para o cinema. Nun comezo, Callas négase porque é consciente do declive da súa voz, pero accede de mala gana cando Kelly lle di que a voz que empregarán será a gravada nos seus mellores anos e que fará playback. Sarah Keller axúdalle a convencer á diva, pois négase uns días máis tarde. Callas grava a ópera Carmen de Georges Bizet, e a soprano pídelle que non a estree, porque pensa que é unha fraude. Máis tarde, Callas pensa en gravar a Tosca de Giacomo Puccini, coa súa propia voz. Pero cando comeza a barallar ideas ó respecto, a diva négase definitivamente. Nunha das escenas finais, Maria reúnese con Larry nunha banca de parque, ela de boa gana comparte o que espera da vida e cun aceno de liberdade remata o encontro e afástase co fondo das árbores do parque, cun sorriso.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Fanny Ardant como Maria Callas
- Jeremy Irons como Larry Kelly
- Joan Plowright como Sarah Keller
- Jay Rodan como Michael
- Gabriel Garko como Marco
- Anna Lelio como Bruna
- Stephen Billington como Brendan
- Justino Díaz como cantante (Scarpia)
- Tara Marie Anderson como xornalista loira
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Callas Forever na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)