Bruno Latour
Bruno Latour, nado en Beaune o 22 de xuño de 1947 e finado o 9 de outubro de 2022,[1] foi un filósofo da ciencia, antropólogo e sociólogo francés.[2] Foi recoñecido especialmente polo seu traballo no campo dos estudos da ciencia e da tecnoloxía (STS).[3] Tras dar clases na École des Mines de París (Centre de Sociologie de l'Innovation) entre 1982 e 2006, converteuse en profesor do Institut d'études politiques de París (2006–2017), onde foi o director científico do Sciences Po Medialab. Retirouse de varias actividades da universidade en 2017.[4] Foi tamén Centennial Professor na Escola de Economía de Londres.[5][6]
Latour foi máis coñecido polos seus libros Nous n'avons jamais été modernes : Essai d'anthropologie symétrique (1991), Laboratory Life (con Steve Woolgar, 1979) e Science in Action (1987).[7] Aínda que os seus estudos sobre a práctica científica estiveron nun momento asociados coas achegas do construcionismo social[7] á filosofía da ciencia, Latour diverxeu significativamente destas achegas. É coñecido por renunciar á división subxectivo/obxectivo e redesenvolver a contribución do traballo práctico.[2] Latour dixo en 2017 que estaba interesado en axudar a reconstruír a confianza na ciencia e que algunhas das autoridades da ciencia necesitaban ser reconquistadas.[8] Xunto con Michel Callon e John Law, Latour foi un dos principais desenvolvedores da teoría do actor-rede (ANT), unha achega construcionista influída pola etnometodoloxía de Harold Garfinkel, a semiótica xenerativa de Algirdas Julien Greimas, e a socioloxía do rival de Émile Durkheim, Gabriel Tarde.
As monografías de Latour valéronlle o décimo posto entre os autores máis citados nas humanidades e as ciencias sociais en 2007.[9] Latour esforzouse en anticipar os retos e problemas do clima, afirmando que "Necesitaríanse cinco planetas para seguir vivindo como nós"[10].
A seguinte frase é atribuída por Eliane Brum a este filósofo
O negacionismo é a maneira que as elites atoparon para que os pobres paguen a factura climática[11]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bruno Latour naceu en Beaune, Francia, en 1947. Estudou filosofía baixo a influencia de Michel Serres. Interesado pola antropoloxía, ingresou no Institut de Recherche pour le Développement e realizou o seu traballo de campo en Abidjan (Costa do Marfil). Despois amosou interese pola actividade científica.[12] Como resultado dunha investigación etnográfica no Instituto Salk (La Jolla, California), publicou en 1979 Laboratory Life, que coescribiu con Steve Woolgar.
En 1984 publicou Les Microbes: Guerre Et Paix, un repaso da vida e a obra de Louis Pasteur e o seu descubrimento dos microbios. En adiante, os seus libros foron fundamentalmente teóricos (Science in Action, Pandora's Hope: An Essay on the Reality of Science Studies, onde expón o fenómeno da caixanegrización), sendo un pensador clave da teoría do actor-rede.
Latour foi tamén organizador de exposición de arte de éxito no Zentrum für Kunst und Medientechnologie en Karlsruhe, Alemaña, incluídas "Iconoclash" (2002) e "Making Things Public" (2005). En 2005 recibiu a cátedra Spinoza de Filosofía da Universidade de Ámsterdam.[13]
Premios e honras
[editar | editar a fonte]Foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Lund, Lausanne e Montreal e recibiu a medalla de honor do Instituto de Estudos Avanzados da Universidade de Boloña.[12] En 2013 foille concedido o Premio Holberg.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mort de Bruno Latour, le philosophe qui a déconstruit la science". Liberation. 9 de outubro de 2022. Consultado o 9 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Wheeler, Will. Bruno Latour: Documenting Human and Nonhuman Associations Critical Theory for Library and Information Science. Libraries Unlimited, 2010, p. 189.
- ↑ Steve Fuller, "Science and Technology Studies", en The Knowledge book. Key concepts in philosophy, science and culture, Acumen (UK) e McGill-Queens University Press (NA), 2007, p. 153.
- ↑ "Biography" Bruno Latour's official website
- ↑ "Bruno Latour, Instructor - Coursera". Coursera. Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ Dame, ENR/PAZ // Marketing Communications: Web // University of Notre. "Bruno Latour // Events // Department of English // University of Notre Dame". english.nd.edu. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2016. Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 Heather Vidmar-McEwen,"Anthropologists biographies: Bruno Latour", "Anthropologists biographies: Bruno Latour", Indiana University Anthropology Department
- ↑ Frazier, Kendrick (2018). "'Science Wars' Veteran Latour Now Wants to Help Rebuild Trust in Science". Skeptical Inquirer 42 (1): 7.
- ↑ "The most cited authors of books in the humanities". timeshighereducation.co.uk. 26 de marzo de 2009. Consultado o 16 de novembro de 2009.
- ↑ Martínez-Bascuñán, Máriam (2022-12-31). "Por qué es urgente que la ecología seduzca al público: el legado de Bruno Latour". El País (en castelán). Consultado o 2023-01-01.
- ↑ Martínez-Bascuñán, Máriam (2022-12-31). "Por qué es urgente que la ecología seduzca al público: el legado de Bruno Latour". El País (en castelán). Consultado o 2024-01-06.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Biografía de Bruno Latour na súa páxina web oficial.
- ↑ Amsterdam, Universiteit van. "The Spinoza Chair - Philosophy - University of Amsterdam". www.uva.nl. Consultado o 17 de maio de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bruno Latour |