Saltar ao contido

Boutros Boutros-Ghali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBoutros Boutros-Ghali

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) بطرس بطرس غالي Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1922 Editar o valor en Wikidata
O Cairo (Reino de Exipto) Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 2016 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Gizeh, Exipto Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Secretary-General of the Organisation internationale de la Francophonie (en) Traducir
16 de novembro de 1997 – 31 de decembro de 2002
← sen valor – Abdou Diouf →
Secretariado das Nacións Unidas
1 de xaneiro de 1992 – 31 de decembro de 1996
← Javier Pérez de CuéllarKofi Annan →
President of the Institut de Droit International (en) Traducir
1987 –
President of the Institut de Droit International (en) Traducir
1985 –
Egyptian Minister of Foreign Affairs (en) Traducir
17 de setembro de 1978 – 17 de febreiro de 1979
← Muhammad Ibrahim Kamel (en) TraducirMustafa Khalil (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa ortodoxa copta e Igreja Católica Copta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Cairo
College of the Holy Family (en) Traducir
Instituto de Estudos Políticos de París
Universidade París I Panthéon-Sorbonne Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoRelacións internacionais e ciencia política Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xurista, escritor, diplomático, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorONU
Universidade do Cairo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Árabe Socialista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeLeia Maria Nadler (1952–2016)
Lilly Kahil Editar o valor en Wikidata
ParentesBoutros Ghali, avó Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1569305 BNE: XX927646 Discogs: 2736604 WikiTree: Boutros-Ghali-1 Find a Grave: 158233397 Editar o valor en Wikidata

Boutros Boutros-Ghali (en árabe: بطرس بطرس-غالي [Buṭrus Buṭrus-Gālī]; en copto: Ⲡⲉⲧⲣⲟⲥ Ⲡⲉⲧⲣⲟⲥ-Ⲅⲁⲗⲓ), nado no Cairo o 14 de novembro de 1922 e finado na mesma cidade o 16 de febreiro de 2016, foi un diplomático exipcio, secretario xeral das Nacións Unidas entre de 1992 e decembro de 1996.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Boutros-Ghali naceu no seo dunha familia cristiá copta.[2] O seu avó Boutros Ghali (1846-1910) foi primeiro ministro de Exipto.

Tras graduarse en Economía pola Universidade do Cairo en 1946,[3] obtivo un doutoramento en dereito internacional pola Universidade de París. Despois diplomouse en relacións internacionais no Instituto de Estudos Políticos de París no ano 1949. Ese mesmo ano foi nomeado profesor de Dereito Internacional e Relacións Internacionais na Universidade do Cairo, posición que ocupou ata 1977.

Entre outros cargos ocupados por Boutros-Ghali, cómpre citar a presidencia do Centro de Estudos Políticos e Estratéxicos en 1975 e a da Sociedade Africana de Estudos Políticos en 1980. Entre os anos 1954 e 1955, obtivo unha bolsa Fulbright para investigar na Universidade de Columbia. En 1963, foi director do Centro de Investigación da Academia da Haia de Dereito Internacional, mentres que entre 1967 e 1968 foi profesor visitante da Facultade de Dereito da Sorbona.

Tras ocupar o cargo de ministro de relacións exteriores de Exipto entre 1977 e principios de 1991, foi nomeado viceprimeiro ministro, posición que exerceu durante algúns meses antes de partir cara ás Nacións Unidas. Durante o período en que Boutros-Ghali ocupou o cargo de ministro de Relacións Exteriores, desempeñou un papel clave nas negociacións de paz entre o entón presidente exipcio Anwar el-Sadat e o primeiro ministro israelí Menachem Begin.

Secretario xeral das Nacións Unidas (1992-1996)

[editar | editar a fonte]

Mentres Boutros-Ghali ocupou o cargo de secretario das Nacións Unidas, a partir de 1992, a súa xestión estivo envolvida na controversia. Foi duramente criticado trala inacción da ONU durante o xenocidio de Ruanda de 1994, que se cobrou 800 000 vítimas, á vez que non logrou xuntar apoio internacional para a intervención na guerra civil de Angola. A reputación do secretario viuse afectada por discusións sobre a efectividade das Nacións Unidas e o papel que xogaban os Estados Unidos no organismo. Para os seus detractores, Boutros-Ghali simbolizou a incapacidade da ONU para intervir nas crises humanas, mentres que os seus defensores sempre sostiveron que os Estados Unidos foron os que non deixaron actuar o organismo internacional. Algunhas organizacións dos Estados Unidos acusaron a Boutros-Ghali de querer impor un goberno mundial tiránico, dominado polas Nacións Unidas.

En 1996, dez membros do Consello de Seguridade (liderados por Exipto, Guinea-Bissau e Botswana) presentaron unha resolución de apoio a un eventual segundo mandato do diplomático exipcio. No entanto, devandito mandato foi vetado polos Estados Unidos. Doutra banda, o Reino Unido, Polonia, Corea do Sur e Italia tampouco deron o seu apoio á citada resolución, aínda que votaron a favor unha vez que transcendeu a intención dos Estados Unidos de vetala. Boutros-Ghali non foi o primeiro secretario xeral da ONU en ser vetado, aínda que si foi o primeiro en non permanecer no cargo para un segundo período.

Boutros-Ghali foi sucedido no cargo por Kofi Annan, xa que ao non poder manterse no cargo para un segundo mandato, este foille ofrecido a outra persoa proveniente do seu continente, África.

Entre os anos 1997 e 2002, Boutros-Ghali foi secretario xeral da Francofonía.

Boutros-Ghali faleceu o 16 de febreiro de 2016 nun hospital do Cairo logo de ser ingresado uns días antes por unha fractura de pelvis.[1]

Predecesor:
Javier Pérez de Cuéllar

6°. Secretario xeral das Nacións Unidas

1°. de xaneiro de 1992 - 31 de decembro de 1996
Sucesor:
Kofi Annan

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burgess, Stephen Franklin. The United Nations under Boutros Boutros-Ghali, 1992-1997 (Gale Biographical Index Series, 2001).
  • Goldschmidt, Arthur (1993). "The Butrus Ghali Family". Journal of the American Research Center in Egypt 30: 183–188. ISSN 0065-9991. JSTOR 40000236. doi:10.2307/40000236. 
  • Rushton, Simon. "The UN Secretary-General and norm entrepreneurship: Boutros Boutros-Ghali and democracy promotion." Global governance// 14 (2008): 95+.