Saltar ao contido

Bipedismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A avestruz é un dos bípedes máis veloces existentes.
O robot bípede ASIMO.

O bipedismo é a denominación para a forma de locomoción adoptada parcial ou totalmente por animais tetrápodos sobre as súas dúas extremidades inferiores. Moitas especies, dende aves, mamíferos e réptiles ao longo da historia natural evolucionaron para adoptar esta postura no desprazamento, tanto dinosauros coma a maioría dos terópodos, aves e homínidos.

O bipedismo pode ser obrigatorio, en tal caso o animal desprázase sempre nesta forma. Exemplo de animais que adoptan esta postura poden acharse dende dinosauros terópodos avianos e non avianos até os seres humanos. Doutra banda, o bipedismo será facultativo cando o animal que adopta tanto a postura cuadrúpede coma a bípede (sendo, na maioría dos casos, unha predominante sobre a outra; exemplos deste último caso áchanse entre dinosauros ornitópodos coma o iguanodonte, até primates non humanos coma os chimpancés e gorilas.

Camiñar ergueito supón abrirse a unha cantidade de experiencias na vida dos homininos, debido que as extremidades superiores destes animais atópanse ceibes para a realización de diversas tarefas que son máis dificultosas para os animais cuadrúpedes.

Teorías da aparición do bipedismo

[editar | editar a fonte]

Existen varias teorías sobre a aparición deste fenómeno.

  • Para desprazarse polas chairas, ao diminuír a foresta por acción natural ou humana.
  • Para o transporte de utensilios coas extremidades superiores.
  • Para crear e utilizar utensilios e armas.
  • Para transportar alimentos, auga ou crías.
  • Para o desprazamento entre as árbores.
  • Para alimentarse das árbores.
  • Para ver por riba dos pastos e poder vixiar en caso de perigo.
  • Para termorregular o seu corpo; camiñar ergueito en horas de calor transmite menos calor ao corpo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Darwin, C., The Descent of Man and Selection in Relation to Sex, Murray (Londres), (1871).
  • Dawkins, R., The Ancestor's Talle, Weidenfeld and Nicolson (Londres), (2004).

Outros artigos

[editar | editar a fonte]