Saltar ao contido

Berta Karlik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBerta Karlik
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1904 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte4 de febreiro de 1990 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFriedhof Mauer (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAustria Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Director de teseStefan Meyer (pt) Traducir e Stefan Meyer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Viena Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísica, profesora universitaria, médica, científico nuclear Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoHans Warhanek (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontebiografiA: Lexikon österreichischer Frauen (en) Traducir, (vol:2, p.1575-1576) >>>:Karlik Berta
Wissenschafterinnen in und aus Österreich (en) Traducir, (p.353-356) Editar o valor en Wikidata

Berta Karlik, nada en Viena (Imperio Austrohúngaro) o 24 de xaneiro de 1904 e finada o 4 de febreiro de 1990, foi unha física austriaca. Traballou para a Universidade de Viena, na que foi a primeira muller profesora. Publicou con Ernst Foyn un artigo sobre a radioactividade da auga de mar. Descubriu que o elemento 85, o ástato, é un produto de procesos de decaemento naturais.[1] O elemento foi sintetizado por primeira vez en 1940 por Dale R. Corson, K. R. MacKenzie e Emilio Segrè, tras a súa procura en balde por varios científicos en minerais radioactivos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Berta Karlik naceu nunha familia de clase alta e recibiu a primeira educación na casa. Durante a súa educación aprendeu a tocar o piano, así como a falar e escribir francés, neerlandés e inglés. Entre 1919 e 1923 asistiu ao Reform-Realgymnasium e tras graduarse en 1923 foi aceptada como estudante regular na facultade de filosofía da Universidade de Viena até 1928, cando recibiu o seu doutoramento.[2]

Sendo estudante universitaria, Karlik converteuse nun membro esencial do grupo de investigación de Hans Pettersson no Instituto do Radio, estando especializada no contador de escintilacións. Karlik tamén recibiu unha bolsa da Federación Internacional de Mulleres Universitarias que requiría que viaxase mentres traballaba para o Instituto do Radio.

Tras recibir o seu grao en física, Karlik aceptou un posto de profesora no Realgymnasium en Viena, onde ela mesma estudara.

En 1930 Karlik atopou un traballo nun laboratorio dirixido por William Bragg en Londres. Alí traballou en cristalografía e usou raios X para estudar a estrutura de cristais. O coñecemento en radiofísica de Karlik atraeu a atención das destacadas cristalógrafas Ellie Knaggs e Helen Gilchrist. O mesmo ano que formou un grupo con estas dúas mulleres foi o mesmo ano que visitou por primeira vez o laboratorio de Marie Curie en París, onde comezou a súa longa correspondencia con outras varias famosas físicas.[2]

Karlik mandaba ocasionalmente cartas a Marie Curie e mantivo correspondencia regular con outras físicas notables como Ellen Gleditsch e Eva Resmtedt, dúas das investigadoras de Curie, así como con Lise Meitner, que estivo moi próxima a Karlik durante case toda a súa vida. Ao longo da súa vida concertou encontros con Meitner, que traballou no descubrimento da fisión nuclear.

Investigación

[editar | editar a fonte]
Tumba de Karlik.

Tras estudar en París e Londres empezou a traballar no Institut für Radiumforschung (Instituto para a Investigación do Radio) en Viena en 1931. Desde 1937 permitíuselle dar clases, e avanzou lentamente na xerarquía do instituto.[3]

Simultaneamente Karlik uniuse a un grupo de investigación da auga de mar liderado polo físico sueco Hans Pettersson. Unindo o seu coñecemento en oceanografía e radioactividade, Karlik axudou a espertar a inquietude polo problema biolóxico da contaminación de uranio na auga de mar.[2]

Durante a segunda guerra mundial fixo o seu descubrimento máis importante, que o elemento con número atómico 85, o ástato, era produto de decaemento natural. O principal uso do ástato é en radioterapia para eliminar células canceríxenas. Debido ao descubrimento, Karlik obtivo o premio Haitinger de química da Academia Austríaca de Ciencias en 1947.

Converteuse en directora provisional do instituto en 1945 e oficial en 1947 tralo descubrimento da existencia do ástato. Karlik foi a primeira muller en ser catedrática (ordentliche professur) na Universidade de Viena en 1956. Retirouse en 1974[4] pero seguiu traballando no instituto até a súa morte en 1990.[5]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • "An Alpha-Radiation Ascribed to Element 85," S.B.Akad. Wiss. Wien, 152:Abt. IIa (Nos. 6-10) 103-110(1943), con T. Bernert.[6]
  • "Element 85 in the Natural Disintegration Series," Z. Phys., 123: (Nos. 1-2) 51-72 (1944), con T. Bernert.[6]
  • "Uranium Content of Seawater," Akad. Wiss. Wien, Ber, 144:2a (Nos.5-6) 217-225 (1935), con F. Hernegger.[6]
  1. "Berta Karlik (1904-1990) y el elemento químico de los mil nombres | Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2020-04-09. Consultado o 2020-04-09. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Tsoneva-Mathewson, S., M. F. Rayner-Canham, G. F. Rayner-Canham, A Devotion to Their Science: Pioneer Women of Radioactivity, (Eds. Rayner-Canham), McGill-Queen.s University Press (1997)
  3. Universidade de Viena (ed.). "Berta Karlik" (en alemán). 
  4. Fontani, M., Orna, M. V., Selleri, S., & Bartoli, C. (2015). "A feminine task: Karlik's and Bernert's discovery of the last natural occurring element". Chimica Oggi-Chemistry Today 33 (2015): 6. ISSN 0392-839X. 
  5. Durstberger, Katharina (2005). "Being a Woman Physicist in Austria". AIP Conference Proceedings (en inglés) (Rio de Janeiro (Brazil): AIP) 795: 91–92. doi:10.1063/1.2128278. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Wong, C. W. (ed.). "Berta Karlik". Contributions of 20th Century Women to Physics (en inglés). Consultado o 2020-04-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Apotheker, Jan; Simon Sarkadi, Livia. European women in chemistry. Weinheim, Germany: Wiley VCH. ISBN 978-3-527-32956-4. OCLC 682892476. 
  • Arquivo da Academia das Ciencias de Austria,Vienna. Procedencia: Institut fur Radiumforschung, XIII. Berta Karlik, caixa 43, Ficha 629
  • "Berta Karlik" (en alemán). Universidade de Vienna. 
  • "Berta Karlik". UCLA. 
  • Tsoneva-Mathewson, S., M. F. Rayner-Canham, G. F. Rayner-Canham, A Devotion to Their Science: Pioneer Women of Radioactivity, (Eds. Rayner-Canham), McGill-Queen.s University Press (1997)