Bandung
Lema | «Gemah Ripah Wibawa Mukti» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Indonesia | ||||
Provincia | Java Ocidental (pt) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.875.673 (2010) (17.117,1 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 168 km² | ||||
Altitude | 768 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 25 de setembro de 1810 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Yana Mulyana (en) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 40111–40973 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 022 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Cuenca Seúl Shenzhen Kawasaki Toyota Namur Cotabato (pt) Yingkou Liuzhou (pt) Fort Worth Petaling Jaya (en) Suwon (pt) Braunschweig (1960–) Hamamatsu (2014–) | ||||
Sitio web | bandung.go.id | ||||
Bandung é a capital da provincia de Xava Occidental, Indonesia, situada a 768 metros ten 2 585 446 habitantes (2000). A área metropolitana denomínase Kabupaten Bandung.
Historia
[editar | editar a fonte]Fogar do home de Xava nas ourelas do lago prehistórico que inundaba o val onde despois creceu a cidade, a primeira mención da área de Bandung data de 1488 cando pertencía ao reino hindú de Pajararan.
Colonia holandesa
[editar | editar a fonte]Xa na época colonial, baixo o poder da Compañía Holandesa das Indias Orientais a metade do século XVII, foi fundada a rexencia con capital en Dayeuh Kolot (11 km ao sur). Nese século e o seguinte a compañía estableceu plantacións na fértil rexión e unha primeira estrada de unión con Batavia (Iacarta) foi construída en 1786.
Fundación coma vila residencial
[editar | editar a fonte]En 1809, en poder do imperio napoleónico, ordénase a construción dunha segunda estrada que cruzase Xava para mellorar a defensa fronte aos ingleses. Coma a chaira costeira era daquela terreo pantanoso, o gobernador Daendels proxéctaa pola meseta de Bandung. De Groote Postweg ("a gran ruta do correo", hoxe rúa Asia-Africa) atravesou a comarca en 1810 e deseguido decidiuse o traslado da capital da rexencia ao seu carón nun lugar a salvo de asolagamentos. Así naceu Bandung coma cidade residencial [1]. Fronte ao pazo do rexente un espazo aberto, o Alun-alun, que daba á Postweg e estaba rodeado doutros edificios representativos (gran mesquita, pendopo ou lugar de reunións), convertíase no centro da vila [2].
A metade do século XIX os holandeses fana capital de Priangan (conxunto de distritos da rexión). Un pazo residencial ao norte da Postweg e un hipódromo ao sur marcan o novo eixe transversal da cidade [3].
No 1880 comezou a operar o ferrocarril Batavia-Bandung [4]. En paralelo á Postweg polo norte, terá un forte impacto urbano posterior ao dividi-la vila en dous, xa que deseguido forneceu crecemento industrial e de poboación (chinatown xunto a estación) [5][6]. Entre 1906 e 1926 Bandung conseguiu o status de municipalidade e de cidade [7].
Capital errada da colonia
[editar | editar a fonte]O edificio do concello ao norte das vías creou un novo centro a partir do cal a cidade creceu cara ao nordeste. Motivos de seguridade e clima favoreceron a idea do traslado da capital das Indias Orientais Holandesas de Batavia a Bandung. En 1914 o barrio militar estendeuse ao leste do concello e despois progresivamente (na década dos vinte e trinta) púxose en funcionamento un ambicioso plan arredor dun novo complexo gobernamental [8][9]. Cos principios da cidade xardín deseñouse o chamado barrio europeo, unha coroa residencial en torno ao anterior [10]. No extremo norte erixiuse o campus da prestixiosa Escola Técnica (ITB).
En conxunto, Bandung viviu a súa idade dourada de ricos facendados con extensas plantacións e vida cosmopolita (Braga Street [11], entre a Postweg ao leste do Alun-alun e as vías, con tendas e cabarets, edificios art Deco e arquitectura moderna [12]).
Independencia
[editar | editar a fonte]A segunda guerra mundial cortou de raíz o plan da capitalidade. Coa independencia de Indonesia en 1945, Bandung foi nomeada capital de Xava Occidental. Nos anos cincuenta produciuse unha febre inmigratoria do rural cara á cidade. O efecto inmediato foi unha densificación de case que cada baleiro. Despois, nos anos setenta, fíxose un amplo desenvolvemento do sector sueste [13].
En 1987 a expansión do concello conformou o Gran Bandung nun intento de recolocar poboación do masificado centro histórico na área metropolitana [14]. O corazón da cidade ten sufrido unha perda de identidade coa transformación do vello aire colonial en negocios e bancos globais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Esquema do plan da vila de Bandung
- ↑ Plan de Bandung en 1825
- ↑ Esquema de Bandung a metade do século XIX
- ↑ Esquema da cidade trala chegada do ferrocarril
- ↑ Mapa de Bandung en 1882
- ↑ Detalle do crecemento no centro entre 1882 e 1906; Braga Street apunta xa ao leste do Alun-alun [1]
- ↑ Mapa de Bandung na primeira década do século XX
- ↑ O crecemento do sector nordés
- ↑ Proxecto do complexo gobernamental (soamente o extremo sur, Gedung Sate, realizado ) [2]
- ↑ O Barrio Europeo ou cidade-xardín
- ↑ Vistas de Braga Street na época
- ↑ Exemplos de arquitectura moderna en Bandung
- ↑ Crecemento entre 1950 e 1980
- ↑ Crecemento de Bandung nas pasadas décadas
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandung |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 05 de abril de 2005 en Wayback Machine. (en indonesio)