Bandeira do arco da vella
- Non confundir coa Bandeira LGBT.
Unha bandeira do arco da vella ou bandeira arco iris é unha bandeira de diversas cores composta de bandas ou padróns que forman as cores do arco da vella. As cores despregadas poden diferir, mais conteñen xeralmente vermello, laranxa, amarelo, verde, celeste, azul e violeta, (excluíndo ás veces o celeste ou usando turquesa, azul clara ou Azul escura no seu canto). O uso de bandeiras coas cores do arco da vella ten unha longa tradición. Hainas en moitas culturas no mundo como signo de diversidade e inclusividade, de esperanza e cobiza.
Hai varias bandeiras do arco da vella independientes en uso hoxe en día. A máis coñecida no mundo é a bandeira LGBT, que representa o orgullo LGBT. A bandeira da paz é especialmente popular en Italia e a bandeira da ACI simboliza o movemento cooperativo internacional. Tamén é usada polos pobos orixinarios dos Andes para representar o legado do Imperio Inca, a través da Wiphala, e outros movementos ou grupos andinos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Emblema erradamente atribuído a Tahuantinsuyo.
-
Variante do emblema erroneamente atribuído a Tahuantinsuyo
-
Bandeira drusa.
-
Bandeira da República de China, 1912-1928.
-
Bandeira gai orixinal de 1978.
-
Bandeira LGBT actual.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Orgullo - O Arco da vella real (en inglés)
- O Reino Gay e LésbicoArquivado 27 de xuño de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)