Wiphala
Bandeira de Bolivia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:1 |
Adopción | 5 de agosto de 2009 |
Cores | Amarelo Laranxa Vermello Violeta Azul Verde Branco |
A Wiphala (pronunciación quechua: [wɪˈpʰɐlɐ]) é unha bandeira cadrada que representa algúns dos pobos indíxenas dos Andes, que viven nas actuais Bolivia, Perú, Ecuador e partes da Arxentina, Chile e Colombia,[1][2][3] mesmo entre os guaranís de Paraguai.[4] O artigo 6, sección II da constitución de Bolivia de 2009 estabeleceu a Wiphala do Collasuyu como a bandeira de Bolivia xunto coa vermella, amarela e verde.[5][6]
Existen diferentes variedades modernas, que representan á Confederación Inca (Tawantin Suyu) e cada unha das catro antigas rexións (suyus). Todas elas están compostas por un deseño cadrado 7 × 7 en sete cores, dispostos en diagonal. A configuración precisa varía en función do suyu representado polo emblema. A cor da liña diagonal máis longa (con sete cadrados) corresponde a unha das catro rexións que representa a bandeira: branco para o Collasuyu, amarelo para o Kuntisuyu, vermello para o Chinchaysuyu e verde para Antisuyu. O rebelde indíxena Túpac Katari asóciase ás veces con outras variantes.
Pobos andinos e movementos sociais
[editar | editar a fonte]A Wiphala boliviana
[editar | editar a fonte]A wiphala aimará é unha bandeira cadrada dividida en 7 × 7 (49) cadrados. As sete cores do arco da vella colócanse en cadrados diagonais. A disposición exacta e as cores varían coas diferentes versións, correspondentes aos suyus ou ao deseño de Túpac Katari. É moi salientable nas marchas dos movementos indíxenas e campesiños en Bolivia.
Esta bandeira de "cadrados do arco da vella" úsase como bandeira panindíxena dos pobos andinos en Bolivia e recentemente foi adoptada ocasionalmente por grupos amazónicos en alianza política.
O presidente boliviano Evo Morales estabeleceu na constitución a wiphala do Collasuyu como a bandeira oficial do país xunto coa bandeira vermella, amarela e verde anterior. A Wiphala foi incluído nas cores nacionais da Forza Aérea de Bolivia como o avión presidencial (un Dassault Falcon 900EX).[7] A Wiphala tamén ondea oficialmente en edificios gobernamentais como o Palacio Quemado e o parlamento xunto á tricolor dende a introdución da constitución revisada de 2009.[8]
Durante a crise política en Bolivia de 2019, xurdiron vídeos da policía boliviana quitando a wiphala dos seus uniformes. Tamén foi retirada dalgúns edificios gobernamentais e queimada polos manifestantes que corearon "Bolivia pertence a Cristo!".[9][10] Isto foi máis tarde condenado pola daquela presidenta en funcións, Jeanine Áñez como unha destrución do patrimonio indíxena.[11]
Movementos sociais en Ecuador
[editar | editar a fonte]No Ecuador actual, a Wiphala identifícase co movemento social indíxena representado principalmente pola CONAIE (Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador). Esta organización tivo un papel importante nas protestas masivas a finais dos anos 90 e 2000. A bandeira de CONAIE é unha wiphala cunha máscara no medio dun pobo costeiro ecuatoriano preinca coñecido como La Tolita.
A bandeira é exhibida polas marchas do movemento CONAIE e tamén é utilizada pola súa facción política, o Movemento de Unidade Plurinacional Pachakutik), que participa nas eleccións e ten unha considerable representación lexislativa. Pachakutik é unha palabra quechua relacionada coa visión e a esperanza dun futuro mellor para o pobo andino. O MUPP formouse na década dos 90 principalmente por unha alianza da CONAIE con organizacións campesiñas e movementos sociais urbanos. Tamén atopa simpatía nos círculos e activistas locais LGBT, feministas e afroecuatorianos.[12]
Confusión coa bandeira de Cuzco
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Bandeira dos quechuas.
A Wiphala foi confundida coa bandeira do arco da vella de sete raias, a actual bandeira oficial da cidade peruana de Cuzco, onde se exhibe habitualmente nos edificios gobernamentais e na praza principal.[13] Esta bandeira do arco da vella aparece descrito ás veces como símbolo do Imperio Inca (Tawantinsuyu), aínda que os historiógrafos peruanos e o Congreso peruano afirmaron que o Imperio Inca nunca tivo unha bandeira.[14][15] Aínda que a wiphala é un emblema relacionado principalmente co pobo aimará, os incas están relacionados co pobo quechua.
Bandeiras dos catro suyu
[editar | editar a fonte]Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira de Túpac Katari
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "¿Qué representa la bandera Whipala?". El País. 12 de outubro de 2016.
- ↑ "La Wiphala, símbolo de los pueblos originarios de la región Andina". 7 de febreiro de 2022. p. Parlamento Andino. Consultado o 5 de decembro de 2022.
- ↑ "La Wiphala, el símbolo de la comunidad indígena que se repite por estos días". Colombia.com. 20 de outubro de 2022. Consultado o 5 de decembro de 2022.
- ↑ Galmarini, Miguel (24 de abril de 2009). "La Policía incorpora la Bandera guaraní con los colores del arco iris". Misiones. Consultado o 23 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Bandera indígena boliviana es incluida como símbolo patrio en nueva Constitución", 21 de outubro de 2008, United Press International.
- ↑ Republic of Bolivia, [Text of the proposed] Nueva Constitución Política del Estado, 2007.
- ↑ "Photos: Dassault Falcon 900EX Aircraft Pictures". Airliners.net. 2010-10-24. Consultado o 2013-12-23.
- ↑ "Por decreto, el Ejecutivo fija dos fechas fechas de fundación del país". eju.tv. 2010-01-28. Consultado o 2013-12-23.
- ↑ Prashad, Vijay (13 de novembro de 2019). "A Bolivian crisis". The Hindu – vía www.thehindu.com.
- ↑ "When the US Supports It, It's Not a Coup". Common Dreams.
- ↑ "Jeanine Añez instruye que junto a la sagrada tricolor se mantenga la wiphala". eju.tv. 12 de novembro de 2019.
- ↑ Imperio Inca#Organización
- ↑ "revista.serindigena.cl – Wiphala, Símbolo de la Nación Andina". Arquivado dende o orixinal o 2007-08-10. Consultado o 2007-08-17.
- ↑ "Bandera Gay o Bandera del Tahuantinsuyo Terra.com". Arquivado dende o orixinal o 2012-11-27. Consultado o 2015-08-21.
- ↑ "La Bandera del Tahuantisuyo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de outubro de 2012. Consultado o 12 de xuño de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wiphala |