Bandeira de Paquistán
Bandeira de Paquistán | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 11 de agosto de 1947 |
Cores | Branco Verde |
A bandeira de Paquistán (en urdú: پاکستان کا قومی پرچم) foi deseñada por Muhammad Ali Jinnah, baseada na bandeira orixinal da Liga Musulmá. Foi adoptada pola Asemblea Constituínte o 11 de agosto de 1947, xusto días antes da independencia. A bandeira é chamada no himno nacional Parcham-e-Sitāra-o-Hilāl, en urdú literalmente: Bandeira do Crecente e da Estrela.
Deseño
[editar | editar a fonte]A bandeira consiste dun campo verde escuro, representando a maioría musulmá do país, cunha faixa branca no lado do mastro, representando as minorías relixiosas. No centro, hai unha lúa crecente branca, representando progreso, e unha estrela de cinco puntas, representando luz e coñecemento. A bandeira simboliza o compromiso paquistaní co islam, o mundo islámico e os dereitos das minorías relixiosas. É alzada varios días importantes do ano, incluíndo o 23 de marzo (Día da República) e o 14 de agosto (Día da Independencia).

Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira presidencial.
-
Bandeira do Primeiro Ministro.
-
Pavillón de proa.
-
Bandeira das Forzas Aéreas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Paquistán en Flags of the World (en inglés)