Bandeira de Corea do Sur
Bandeira de Corea do Sur | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 6 de marzo de 1883 |
Cores | Branco Vermello Azul Negro |
A bandeira de Corea do Sur ou Taegeukgi (태극기, tamén escrito Taegukgi) foi adoptada o 6 de marzo de 1883 durante a Dinastía Joseon. É de cor branca e leva no seu centro o yin-yang. O yin (símbolo vermello) significa a luz e a calor, o yang (símbolo azul) representa a escuridade e o frío. Os símbolos que rodean o yin-yang son catro dos taeguk, que simbolizan ceo, auga, lume e terra.
Deseño
[editar | editar a fonte]O deseño xeral da bandeira deriva do uso tradicional do símbolo tricolor (vermello, azul e amarelo) polos coreanos a partir da primeira época da historia de Corea. O fondo branco simboliza a "pureza do pobo". O Taegeuk representa a orixe de todas as cousas no universo, portando os dous principios do yin e o yang, o primeiro é o aspecto negativo representado en azul, e o segundo o aspecto positivo representado en vermello, ambos en equilibrio. En conxunto, representan un movemento continuo no infinito, a fusión dos dous como un só.
Ao redor do Taegeuk hai catro trigramas, llamados gwae (괘, 卦), os cales proviñan dos oito trigramas do I Ching (易經, Libro das mutacións), ou Yeok Gyeong (역경, 易經) en coreano. Tradicionalmente, os catro trigramas están relacionados cos cincos elementos: lume (火), auga (水), terra (地), madeira (木) e metal (金). Outra analoxía podería ser cos catro elementos clásicos occidentais.

Cores
[editar | editar a fonte]
As cores oficiais da Taegukgi están especificadas na "Acta de Ordenanza da Lei sobre a Bandeira Nacional da República de Corea" (대한민국국기법시행령).[1] Non houbo unha especificación das cores até 1997, cando o goberno de Corea do Sur decidiu presentar especificacións estándar para a bandeira. En outubro dese mesmo ano, por ordenanza presidencial as cores promulgadas, e en 2007 engadidas á Lei da Bandeira Nacional.
Esquema | Munsell | CIE | Pantone | Hex |
---|---|---|---|---|
Branco | N 0.5 | N/A | N/A | #FFFFFF |
Vermello | 6.0R 4.5/14 | 0.5640, 0.3194, 15.3 | 186 Coated | #CD2E3A |
Azul | 5.0PB 3.0/12 | 0.1556, 0.1354, 6.5 | 294 Coated | #0047A0 |
Negro | N 9.5 | N/A | N/A | #000000 |
Historia
[editar | editar a fonte]
A bandeira coreana, ou Taegeukgi, foi creada e usada durante a dinastía Joseon (조선). A data e o seu creador é algo aínda incerto. Ás veces afírmase que o creador e primeiro en usar a bandeira actual foi Pak Yeonghyo (박영효). Porén, non está abondo claro.
Atopouse recentemente[2] no libro "Bandeiras de Nacións Marítimas", publicado pola Oficina de Navegación do Departamento de Mariña dos Estados Unidos, a primeira bandeira coñecida de Corea, coas súas características cores vermello e azul no centro, xunto con catro trigramas en cada esquina. O libro foi publicado en xullo de 1882. Suponse que Pak Yeonghyo usou a bandeira entre agosto e setembro dese ano nunha misión diplomática no Xapón, polo que a bandeira publicada no libro sería, polo menos, catro meses máis antiga.
Segundo Kim Weon-mo (김원모), profesor emérito da Universidade de Danguk, a bandeira que se atopa no libro podería tratarse da mesma que se usou en maio de 1882 durante a firma do Tratado de Chemulpo (제물포 조약) entre a dinastía Joseon e Estados Unidos. En marzo de 1883, adoptouse formalmente a Taegeukgi como bandeira oficial. En 1948, despois do establecemento do goberno, as "Regras sobre a bandeira de Corea" convertéronse nunha guía para pendurala, a produción e o protocolo da bandeira.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira de 1882
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 대한민국국기법시행령 (Ordinance Act of the Law concerning the National Flag of the Republic of Korea) Arquivado 28 de xuño de 2008 en Wayback Machine., Article 6–9.
- ↑ "Discovery of Old Flag Discredits 'Taegukgi' Legend". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2010. Consultado o 13 de marzo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Corea do Sur en Flags of the World (en inglés)