Bandeira de Noruega
Bandeira de Noruega | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 16:22 |
Adopción | 13 de xullo de 1821 |
Cores | Vermello Branco Azul[1] |
A bandeira de Noruega (en noruegués (bokmål): Norges flagg, en noruegués (nynorsk): Det norske flagget) componse dun pano rectangular de cor vermella cunha cruz azul de bordo branco cunha proporción: 16:32.
Historia
[editar | editar a fonte]A bandeira data de 1821, data na cal aprobouse unha lei que fixaba as súas cores e composición. As cores vermella, branca e azul simbolizan a liberdade, do mesmo xeito que na bandeira dos Estados Unidos ou do Reino Unido, ou a bandeira tricolor, símbolo da Revolución francesa. A bandeira norueguesa inspirouse no deseño na bandeira dinamarquesa á que une, segundo outra teoría que explica a súa orixe, a cor azul de Suecia.
A Resolución foi adoptada polo Goberno en 1821, pero sen o consentimento do monarca, posto que se habilitaba ao rei soamente para sancionar un uso limitado da bandeira norueguesa. Esta bandeira unicamente podía ondear nas augas norueguesas, e as naves debían alzar o pavillón sueco cando navegaban ao sur do Cabo Fisterra (Galicia) a causa do risco de ataques polos piratas norteafricanos, que non recoñecían a bandeira norueguesa.
En 1838, o monarca autorizou o uso da bandeira norueguesa para o resto do mundo. Durante os anos comprendidos entre 1844 e 1899 a mariña mercante norueguesa empregou a bandeira co "Símbolo da Unión" (con Suecia) no cuarto superior preto do pau no que se combinaban as cores das bandeiras de ambos os dous países.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]-
Noruega
(dende 1899)
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira do estado e da armada.
-
Bandeira da mariña mercante durante o período de unión con Suecia 1844-1899.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Noruega en Flags of the World (en inglés)