Saltar ao contido

Bandeira de Niue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Niue
Bandeira de Niue
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción1975
Cores     Amarelo     Azul     Branco     Vermello

A bandeira de Niue, un territorio baixo libre asociación con Nova Zelandia, foi adoptada oficialmente en 1975.

Consiste nun pano de cor marela na que figura, no seu cantón máis próximo ao mastro a bandeira do Reino Unido, cargada con cinco estrelas marelas de cinco puntas cada unha. Catro destas estrelas, de menor tamaño, sitúanse no centro de cada brazo da cruz central e a quinta, situada nun círculo azul, figura no centro da bandeira británica.

Simbolismo

[editar | editar a fonte]

A cor marela do fondo simboliza a luz do sol e a relación cálida da súa poboación con Nova Zelandia.

A bandeira do Reino Unido, coñecida como "Union Jack" representa os vencellos históricos de Niue (como Protectorado) co Reino Unido.

As catro estrelas de menor tamaño simbolizan a Constelación da Cruz do Sur (que figura na bandeira de Nova Zelandia) e aluden á dependencia administrativa e á boa relación mantida con Nova Zelandia.

A estrela de maior tamaño situada nun círculo azul representa o autogoberno do que goza Niue, baixo o status de libre asociación con Nova Zelandia. A cor do círculo simboliza o océano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]